martes, 1 de mayo de 2018

Escoitando ao grupo comisionado para o impulso da autovía A-56 Ourense-Lugo


Onte pola mañá, acompañado polo deputado ourensán Miguel Viso viaxei ata Vilamarin para manter, a iniciativa nosa, unha reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo, constituído a pasada semana en Chantada.

A este encontro, celebrado na Casa do Concello de Vilamarín asistiron os alcaldes de Vilamarín, Amador Vázquez; Coles, Manuel Rodríguez; Chantada,  Manuel Varela;  Carballedo, Julio Yebra; o empresario Lisardo González e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, acompañado polo vicepresidente e o secretario da Confederación, Alejandro Cruz e Jaime Pereira, respectivamente.

Escoitamos de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de Lugo.

E tamén escoitamos o gran malestar existente en relación coa moi lenta marcha das obras de execución do único treito desta autovía e a falta de impulso nos outros que a conforman. 

Pediron explicacións sobre a execución orxamentaria e demandaron solucións.

Sobre o mal estado do firme da N-540 dixemos que pouco antes estivemos percorrendo a mesma ata Chantada e constatamos que o firme é moi defiente no parte lucense, a partir de Carballedo y singularmente penoso en Chantada.

Transmitimos a información suministrada polo Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Carrteras, de que van a comezar de inmediato importantes obras de arranxo no territorio lucense desta estrada e que se seguirá mantendo a N-540 no territorio da provincia de Ourense.

Sobre o tema central da reunión, a autovía A-56, fixemos un repaso histórico a esta estrada que tivo a sua primeira manifestación no ano 1999 cando foi emitida a orden de estudio dun vial de comunicación entre Ourense e Lugo.

Lembrei as vicisitudes que tivo esta autovía, entre elas a suspensión de contrato do tramo San Martiño- A Barrela (por mor da crise económica) que foi reactivado en 2015. Obras que tiveron consignación orzamentaria todos os anos y que prevén 10,7 millóns de euros para 2018.

Recoñecimos que cun só tramo en obras o avance das obras non foi o desexado- ante tamén estivenos vendo as mesmas en A Barrela -  e que chegou o momento “de darlle un forte impulso a este proxecto e conseguir que as cantidades presupostadas se executen”.

Informamos que tamén hai outras actuacións previstas que comprometen a execución desta autovía, como o primeiro tramo da variante norte de Ourense –Eireasvedras-Quintela- coa previsión de aprobar o proxecto en xuño e licitar as obras neste ano, así como avanzar tamén noutros treitos en distintas fases de tramitación como os correspondentes a Quintela-A Casilla e A Casilla-Cambeo. Así como os outros da provincia de Lugo.

Recoñecimos que “a vertebración das comunicacións na Galicia interior pasa necesariamente por esta autovía”, chamando a atención sobre a mellora que suporá ademáis coa conexión co Cantábrico para o transporte de mercadorías”.

Además de comprometernos a facer chegar estas demandas a Fomento dun compromiso máis firme pola autovía A-56 (Ourense-Lugo) e a execución orzamentaria das partidas previstas, falamos tamén de manter reunións periódicas co grupo de traballo para seguir recollendo información e dar conta dos avances que se rexistren.

O medios de comunicación Teleminho recolleu estas declaracións:

https://m.youtube.com/watch?v=5qbVDiFQkks


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.