A apertura correu a cargo do Secretario Xeral do PPdG
Miguel Tellado e a introducción da coordinadora interparlamentaria Paula Prado.
Deron paso a varias Mesas de debate:
Na primeira falouse do “Presente e futuro da Educación e das Políticas
Sociais”. Foi
moderada por Tristana Moraleja e participaron Jaime de Olano, Marta Rodríguez Arias e Carmen Leyte.
Na segunda falouse do ”Parlamentarismo na política actual”: Nela Ana
Vázquez entrevistou a Miguel Santalices
e Ana Pastor.
Na terceira falouse do “O reto do emprego na industria 4.0 e as
infraestructuras”. Foi
moderada por Julia Rodríguez Barreira e participaron Marta Nóvoa e Miguel Fidalgo e quen escrebe.
Na miña intervención destaquei que o investimento público en infraestruturas contribúe ao desenvolvemento económico e social de España e de Galicia ao inducir maior actividade en todos os sectores, que xogan un papel primordial na modernización e incremento da nosa competitividade e que son un motor para a saída da crise e a recuperación do emprego a través do impulso do turismo e as exportacións.
Destaquei que as cifras do ano 2017 de 81,8 millóns de turistas internacionais recibidos en España e de 5,1 millóns de turistas en Galicia, garda sen dúbida relación coa mellora das nosas infraestruturas viarias, ferroviarias, portuarias e aeroportuarias e en xeral co noso sistema de transporte.
Falei da transcendencia destes investimentos na mellora da economía de Galicia e no incremento das nosas exportacións e aludín ao exemplo dos investimentos nos Portos galegos, nos que creceu de modo significativo o número de toneladas tráfico de mercadorías.
Aludín aos investimentos para a chegada da alta velocidade a toda Galicia, destacando o esforzo realizado desde que o PP chegou ao Goberno da Nación e o papel desempeñado polo presidente Rajoy pola que foi ministra de Fomento Ana Pastor, e por suposto polo presidente Feijóo.
Dixen que da intensidade do ritmo das obras entre Zamora e Ourense, que vivimos neste momento fai que non sexa unha quimera pensar que podamos alcanzar o obxectivo de conclusión de obras a finais do ano 2019.
Tamén aludín aos investimentos realizados no Eixo atlántico de Alta Velocidade e no corredor Avant entre Ourense-Santiago. A Coruña, como a expresión do éxito de usuarios deste medio de transporte. Finalmente aludín á necesidade de investir dunha maneira equilibrada nunha Galicia Única, na que non existan diferenzas entre a costa e o interior. E así ponderei a importancia das autovías en construción ou en proxecto, entre Ourense-Lugo, Santiago-Lugo e Ourense- Ponferrada. E tamén a relevancia da presentación o pasado luns das necesarias obras da conexión ferroviaria entre Lugo-Monforte de Lemos e Ourense.

Logo houbo unha entrevista de Pilar Rojo a Francisco Millán Mon.
Despois pasamos a un diálogo
sobre “O futuro da organización territorial no marco constitucional”. Foi presentado por Marta Lucio
en el participaron José Manuel Barreiro e Pedro Puy.
E finalmente pechou o acto a o presidente do PPdG, Alberto Nuñez Feijóo. Asegurou que os populares esfórzanse día tras día por levar ao Parlamento galego,
ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao Parlamento europeo “o sentimento e o
sentidiño dos galegos”.
Para Feijóo, as persoas que se deron cita neste acto asumen a obriga
democrática de levar ás institucións a voz dos galegos, trasladando aos órganos
democráticos as opinións, as inquedanzas e as propostas dos cidadáns. Así
mesmo, manifestou que o PPdeG non ten ningún dilema entre facer política na rúa
e facer política nas institucións xa que “somos o partido que mellor conxuga as
dúas áreas de acción democrática e debemos estar nas institucións e ao mesmo
tempo pisar os asfaltos e as pistas de terra”.
GARANTES DA ESTABILIDADE
“Os galegos confían en nós como garantes da estabilidade da nosa terra”, dixo
o presidente, destacando a defensa que fan dela os 41 deputados populares do
Parlamento, os 12 deputados galegos do
Congreso, os 14 senadores do PPdeG, e o eurodeputado Francisco Millán Mon. “Un
voto ao Partido Popular de Galicia é un voto ao servizo da estabilidade”,
insistiu.
Nese senso, puxo en valor a importancia de ter unhas institucións
razoables, previsoras e previsibles coas que os cidadáns poden sacar o mellor
de si mesmos. Segundo lembrou, “Galicia dixo moitas veces ‘non’ aos que
propuñan romper con todo, e dixo ‘si’ aos que garantimos a estabilidade”.
DEFENDENDO OS INTERESES
DOS GALEGOS
Durante a súa intervención, o presidente remarcou que despois de todos
estes anos, “podemos seguir mirando aos ollos aos galegos con confianza e
ilusión” xa que o Partido Popular de Galicia seguirá defendendo os seus
intereses en todas as institucións. Como indicou, mentres haxa deputados
autonómicos, deputados nacionais, senadores e eurodeputados do PPdeG, “Galicia
terá a presenza que merece en todos os grandes centros de decisión”.
De igual xeito, apuntou que o que fai grande ao seu partido son os seus
equipos e as súas ideas, pero sobre todo “é o privilexio de poder levar ás
institucións as prioridades, as preocupacións e os desexos da xente” xa que
“Galicia manda e o PPdeG actúa”.
CONSTRUÍR A GALICIA DO
FUTURO
Tal e como recoñeceu Feijóo, “todas as cousas que nos preocupan
incentívannos a corrixir o que facemos mal e a afondar no que facemos ben”. Por
este motivo, admitiu que os populares prefiren investir o tempo en xornadas
como a Interparlamentaria, que permite seguir perfeccionando o seu traballo.
“O noso obxectivo é deixarlles aos nosos fillos unha Galicia mellor”,
manifestou mentres explicaba que a Galicia do futuro non se consegue tuiteando,
criticando ou desde o enfrontamento, senón que se constrúe escoitando,
reflexionando e propoñendo; sinalando os erros e recoñecendo os acertos; e actuando desde o diálogo e a cooperación
leal e responsable.
“O noso mellor discurso é o noso traballo”, precisou Feijóo mentres poñía
en valor que o seu partido ten unha folla de servizos que presentarlles aos
galegos. De feito, recordou que, despois de nove anos cun presidente da Xunta
do PPdeG e de sete anos cun presidente do Goberno de España tamén do PPdeG, Galicia
leva máis de catro anos seguidos creando emprego; saneáronse as contas;
expórtase máis que nunca; bátense récords en turismo; prepárase para o 2021 o mellor
Xacobeo da Historia; acadouse unha Educación pública inclusiva, equitativa,
plurilingüe e tecnolóxica; temos unha Sanidade pública de máis calidade; e hai mellores
infraestruturas e grandes proxectos que se farán realidade nos vindeiros anos
como o AVE.
De seguido, estas ligazóns a dous videos difundidos polo PP de G.
“Estamos comprometidos coa chegada da alta velocidade a Galicia e co impulso a proxectos en estradas, aeroportos, portos…” #TraballandoPorGalicia pic.twitter.com/gqf2XwYrMA
Traballamos coa cabeza, o corazón e os pés en Galicia. Tamén desde Madrid #TraballandoPorGalicia pic.twitter.com/uh5cFFD5En
Recibirá resposta.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.