Asisto esta mañá a un acto de
presentación do novo acceso ao Polígono de San Cibrao das Viñas.
Nel o o presidente da Xunta, Alberto
Núñez Feijóo, anunciou que as obras desta estrada comezarán en xuño, e así quedará conectado coa
Autovía das Rías Baixas, a A-52. Permitirán unha maior seguridade,
acurtar o itinerario actual máis dun 50% e facer máis competitivo o Ourense
industrial.
Durante o acto de presentación da nova estrada de conexión,
Feijóo aseverou que con esta obra “colocamos unha nova pedra do Ourense que
entre todos estamos a construír”, referíndose tamén a infraestruturas tan
importantes como: o remate a finais de 2019 do AVE, que fará que Ourense quede
conectado con Madrid en pouco máis de dúas horas; ou a estación intermodal, coa
adxudicación neste mes de maio das obras relativas á estación de autobuses.
Así mesmo, destacou o compromiso do Goberno central de traballar
para que Galicia forme parte das principais redes europeas de transporte de
mercadorías, coa súa integración no Corredor Atlántico de Transportes, de xeito
que esa malla prioritaria entre cara aos principais portos e centros loxísticos
de Galicia a través de Ourense.
Sobre este punto avanzou que mañá, en Bruxelas, trasladará ao
presidente do Parlamento Europeo este necesidade, “porque Galicia precisa- incidiu- que
os seus portos e a cidade de Ourense estean conectados cun ferrocarril de
mercadorías en termos competitivos”.
Feijóo resaltou tamén o obxectivo do Goberno central de licitar
este mesmo ano as obras do primeiro treito da variante de Ourense, entre
Eirasvedras e Quintela; a Autovía A-56 que conectará Lugo con Ourense,
completando o grande eixe pendente da vertebración interior de Galicia; ou os
avances que permitirán transformar en realidade as obras do primeiro treito da
autovía que comunicará Valdeorras coa meseta e o resto de Galicia, a A-76,
entre A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras.
En relación ao novo acceso que permitirá conectar de forma
directa o polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52, que une Vigo con Madrid, o
titular da Xunta resaltou que esta infraestrutura suporá completar e optimizar
as comunicacións do que é o gran polo industrial da provincia de Ourense, xa
cubertas cara ao sur coa Autovía Ourense-Celanova e cara ao norte coa Autovía
de Santiago.
Cómpre salientar, ademais, que esta obra, dotada cun
investimento de preto de 22 millóns de euros, conta cun trazado de 4,5
quilómetros entre Taboadela e San Cibrao de enorme complexidade e que require a
construción de dúas glorietas, dun gran viaduto para salvar o río Benito,
diversos cruzamentos a distinto nivel coas estradas locais e varios pasos
inferiores e superiores que facilitan a conexión dos camiños. Un proxecto
ambicioso que ofrecerá un terceiro carril en practicamente a metade da
lonxitude.
Parabéns aos empresarios e ao alcalde e a Corporación de San Cibrao das Viñas que levan tantos anos agradando esta boa nova e un recoñecemento especial a Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez Mourelle.
https://www.youtube.com/watch?v=7ZdMyR2VJlM&feature=youtu.be
Recibirá resposta.
Parabéns aos empresarios e ao alcalde e a Corporación de San Cibrao das Viñas que levan tantos anos agradando esta boa nova e un recoñecemento especial a Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez Mourelle.
https://www.youtube.com/watch?v=7ZdMyR2VJlM&feature=youtu.be
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.