martes, 8 de mayo de 2018

Fomento inicia a obra de estabilización de taludes na N-120 e a reparación dunha drenaxe transversal na N-541


Informa hoxe o Ministerio de Fomento que xa iniciou as obras de estabilización de taludes na estrada N-120 e a reparación dunha obra de drenaxe na N-541, na provincia de Ourense.

O orzamento estimado de todas as actuacións ascende a 861.773 euros. Como consecuencia das intensas precipitacións de choiva nos últimos meses, producíronse diversos desprendementos que comprometen a estabilidade dos noiros da estrada N-120 entre os p. k. 551,000 e 564,500.

Tamén se detectou unha importante deterioración nunha obra de drenaxe situada na estrada N-541, no p. k. 18,985, en Maside. Actualmente estanse realizando laboresde talla de árbores e despexe de vexetación e de saneo e escavación das zonas afectadas.


Para a reparación dos taludes executaranse, en función de cada caso,distintos medios de sostemento como redes de cables, mallas de triplo torsión, bulones e muros de dique.

A execución das obras implica a necesidade de realizar cortes de carril para preservar a seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios da vía.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta.