Chantada 18.5.2018 |
A este encontro, celebrado na Casa do Concello de Vilamarín
asistiron os alcaldes de Vilamarín, Amador Vázquez; Coles, Manuel Rodríguez;
Chantada, Manuel Varela; Carballedo, Julio Yebra; o
empresario Lisardo González e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal,
acompañado polo vicepresidente e o secretario da Confederación, Alejandro Cruz
e Jaime Pereira, respectivamente.
Escoitamos de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e
empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre Ourense e Lugo,
incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de
Lugo.
Pois ben, onte o voceiro do PP no Senado, José Manuel
Barreiro, acompañado do deputado nacional, Joaquin García Díez e de outros senadores lucenses mantiveron en
Chantada, unha reunión cos alcaldes dos municipios de ambas as dúas provincias
polos que pasa a N-540, a quenes lles trasladou o seu apoio e a súa disposición
para establecer as liñas de colaboración que sexan necesarias para que o
Goberno Central continúe mellorando tanto a estrada N-540, así como o impulso
doutra das arterias de comunicación que permitirán comunicar o Sur da provincia
con Ourense, a A-56.
Neste senso, no marco deste apoio, Barreiro anunciou que antes de que
remate o mes, concretamente o día 28, ás 17:00 horas, no Ministerio de Fomento,
o Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño González, manterá unha
xuntanza cos rexedores para informalos máis polo miúdo das intencións do
Executivo de Rajoy respecto destas vías de comunicación e escoitar as súas
propostas.
“Cremos que é importante esta reunión
e así llo trasladei eu mesmo ao Secretario Xeral, pois é importante que, en
primeiro lugar, se liciten e executen os treitos previstos, así como os
demais”, sinalou Barreiro, ao tempo que defende que “isto non pode quedar aquí porque senón o que estariamos
facendo é unha autovía a cachos, de aí a importancia da reunión no Ministerio
para demandar que este proxecto teña continuidade”, afirmou Barreiro.
A maiores nesa reunión, os populares lucenses explicaron aos alcaldes
que, precisamente, tanto a reforma da nacional 540 como o impulso da autovía xa
figuran recollidos na moción que o Grupo do Partido Popular defenderá na Cámara
Alta das Cortes Xerais, e que dá continuidade ao compromiso asumido
publicamente hai unhas semanas polo propio ministro de Fomento, Íñigo de la
Senra, na visita realizada a Lugo para dar conta da conexión ferroviaria
permitirá comunicar esta provincia coa de Ourense e estar en Madrid en menos de
catro horas.
Entrando na profundidade do obxecto da reunión,
Barreiro sinalou que “pediremos que os Orzamentos do Estado inclúan a dotación
económica suficiente para seguir impulsando a A-56, cuxo treito San Martiño-A
Barrela xa está en obras”. No mesmo lote, inclúense os proxectos da variante
Norte de Ourense e a A-76. Neste último caso, xa está licitado o contrato para
a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos.
Asemade, destacou o avance dos traballos de
reparación do firme da N-540, que, “como todos sabemos, soporta un volume
importante de tráfico e é de extrema necesidade a súa mellora”. Concretamente,
nestes días, estase a levar a cabo o acondicionamento do treito que se atopa en
peores condicións, e que corresponde á variante de Chantada.
Proxecto da A-56
En canto ás características técnicas, este proxecto
comprende un treito de autovía de 9,18 quilómetros e un vial de conexión de
1,23 quilómetros que enlaza esta vía coa estrada N-525. O treito do proxecto
comeza no enlace de Cambeo e remata no de As Lamas, incluído a conexión San
Martiño-enlace de Barrela norte, a excepción
de parte do ramal de cambio de velocidade de incorporación á autovía en sentido
Ourense.
Por tanto, o proxecto inclúe dous enlaces diferenciados:
·
O de Cambeo que conecta coas N-525 e
N-540.
·
E o de Vilamarín que da acceso a
Ourense, á estradas N-540 e ás poboacións ás que serven as estradas que
conflúen nela.
Vilamarín 30.4.2018 |
En canto ao Orzamento programado, explicou que
existe unha partida de 13 millóns de euros no ano 18 e para o treito da Barrela
máis de 10 millóns, aos que hai que engadir outras dúas de 50.000 cada unha
para os treitos de Taboada-Narón e Narón-Guntín. Asemade, para a variante de
Ourense, a cantidade consignada ascende a 2,5 millóns. Tamén existen unha
programación para as anualidades vindeiras. Concretamente, para o ano 19 hai
unha proxección de preto de 21 millóns para A-56 e 11 millóns para a variante e
Ourense. O intercomunicador de Guntín, que enlazará coa autovía de Santiago,
ten este ano consignados 2,5 millóns, no ano 19 cinco millóns e, en 2020 outros
3,5 millóns.
Celebro esta xuntanza do grupo comisionado cos parlamentarios lucenses do PP, cos que traballamos conxuntamente para impulsar a Autovía a-56, Ourense- Lugo.
Celebro esta xuntanza do grupo comisionado cos parlamentarios lucenses do PP, cos que traballamos conxuntamente para impulsar a Autovía a-56, Ourense- Lugo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.