Salientar que a acción da Xunta permitiu acadar o apoio do Ministerio de Fomento e a
Comisión Europea á inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías.
Así o expresaba o
director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, hoxe no Parlamento, cando dicía que
precisamente, cando case ninguén falaba do Corredor Atlántico de Mercadorías, o
Goberno galego asumiu a iniciativa tanto en Bruxelas, como co Ministerio, e
tamén sumando os intereses dás distintas comunidades autónomas con interese na
proposta.
O director xeral de
Mobilidade sinalou o impulso dado pola Xunta a prol da redefinición do Corredor
Atlántico de Mercadorías, co obxectivo de que os territorios do noroeste
peninsular se beneficien da inclusión neste corredor e vexan, así, incrementada
a súa competitividade económica e a súa capacidade loxística.
Lembrou como desde
Galicia se impulsou a busca de alianzas con outras comunidades autónomas, con
concellos e institucións para promover actuacións conxuntas e coordinadas que
contribúan á consecución deste obxectivo. Neste liderado, engadiu, tense
implicado todo o Goberno Galego, e proba de elo é a recente visita do
Presidente da Xunta a o Presidente do Parlamento Europeo. Visita, engadiu, de
carácter estratéxico cara a futura tramitación neste parlamento da proposta da
Comisión.
Segundo Ignacio Maestro,
outra proba inequívoca da actitude proactiva e proveitosa da Xunta é a
“Declaración institucional de apoio e impulso á modificación do Corredor
Atlántico de Mercadorías”, asinada polos Gobernos de Asturias, Castela e León e
Galicia o pasado 9 de outubro.
Nese documento, engadiu,
que se rubricou na compaña de boa parte das principais forzas políticas e
empresariais de Galicia, se plasmou unha mensaxe de unidade e vontade
compartida, que conseguiu que as demandas de Galicia chegasen ás autoridades
competentes nas institucións europeas.
Tamén, paralelamente, e
en colaboración e coordinación coa Fundación Galicia Europa e coa Comisión do
Arco Atlántico, desde a Xunta de Galicia se vén mantendo un traballo continuado
nesta materia.
Estes esforzos
realizados, subliñou, sempre baixo a premisa da unidade e da coordinación das
tres comunidades autónomas, deron como resultado que o Ministerio de Fomento xa
teña trasladado a nosa xusta petición aos órganos competentes da Unión Europea.
Ignacio Maestro indicou
así que este traballo alcanzará o seu fito máis transcendente o próximo mes de
Xuño, cando previsiblemente a Comisión Europea anuncie a súa proposta de
trazado de Corredores incluíndo a proposta de Galicia. Iniciativa, engadiu, que
será remitida para a súa ratificación polo Parlamento e Consello Europeo.
Deste xeito, concluíu, a
Xunta agarda que a proposta poida ser oficializada antes do 2020, para que
poida ser cofinanciada no 2021 cos fondos do novo marco comunitario, grazas ao
amplo traballo, esforzo, liderado e os fitos acadados, que fan ter fundadas
esperanzas en que as reivindicacións do Goberno galego sexan tidas en conta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.