O pasado 15 de decembro de 2017 asistía en Ourense ao acto
de inauguración da exposición In tempore Sueborum (O tempo dos suevos na Gallaecia:
411-585)
Unha exposición organizada pola Deputación de Ourense, en
colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e o Bispado de
Ourense, que exhibía por primeira vez, en tres espazos expositivos: o Centro
Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal,
262 pezas de grande valor histórico-artístico de 39 museos europeos, facendo un
percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia medieval do século V. Reunindo a
colección máis destacada que se ten realizado sobre o mundo suevo, na que
destacaban xoias e pezas ornamentais dunha princesa sueva, utensilios e figuras
artísticas en ouro e prata, vidro, madeira e ámbar, e elementos relixiosos e
funerarios.
Pois
ben, onte asistín ao acto de clausura desta exposición que pechaba as súas portas
logo dunha exitosa acollida de publico e crítica, que desbordou todas as
expectativas, converténdoa na mostra máis visitada na historia da provincia de
Ourense -44.299 persoas- e a máis importante de Galicia.
O
acto tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" coa
participación do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; do comisario
da mostra, Jorge López; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel
Santalices; do director de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra; do alcalde de
Ourense, Jesús Vázquez; e do conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez.
No acto estreouse o documental In Tempore Sueborum, dirixido por Jesús María
Caramanzana Carrera e tivo lugar o espectáculo musical
"Peregrinatio", dedicado ás músicas nos camiños de peregrinación
medievais, que abriu o acto.
Manuel Baltar expresou que "In
tempore sueborun" "sitúa a Ourense no mapa das grandes exposicións e
como referente cultural, dentro desa visión integral de provincia que
defendemos, onde a posta en valor da cultura é algo fundamental", e
agradeceu o traballo desenvolvido "polos comisarios e por todas as persoas
e institucións de tantas nacións que fixeron posible este fito na historia de
Ourense, de Galicia e de Europa que impulsou e desenvolveu a Deputación de
Ourense para salientar o noso pasado con maiúsculas, innovando e estando na
vangarda das investigación sobre a nosa historia, como fixo esta
exposición".
Das cifras de audiencia relativas a
"In tempore sueborum" destaca que máis de 14 millóns de persoas en
Europa e América recibiron noticias sobre a mostra, e os espazos dedicados a
información suporían millóns de euros, traducidos en espazos publicitarios de
diferentes formatos en prensa, radio, televisión e Internet.
Só a través das
redes sociais In Tempore Sueborum relacionouse con 10.000 persoas ao día, sendo
a audiencia acumulada en redes de case 600.000 persoas. Con respecto á prensa
escrita, a exposición figurou 303 veces en medios locais, 37 veces en medios
nacionais, e en seis ocasións en medios internacionais, sendo os países máis
destacados México, Venezuela, Portugal e Gran Bretaña.
Visitando a exposición en Santa María Nai |
Neste tempo de exposición tive
oportunidade de visitar esta magna mostra, e podo acreditar a súa grande
calidade, a perfecta organización e a impronta cultural que deixa na nosa provincia.
Parabéns
á Deputación Provincial na persoa do seu presidente Manuel Baltar polo éxito
acadado.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es