martes, 1 de mayo de 2018

Reunión coa Asociación Empresarial de Valdeorras para abordar a situación dos proxectos das infraestruturas


Viaxei onte pola tarde ata O Barco de Valdeorras para manter unha reunión de traballo coa Asociación Empresarial de Valdeorras.

Acompañoume o portavoz local no Barco, Arsenio Moldes . E por parte de AEVA estivo a súa presidenta Araceli Fernández do Palacio e outros directivos, Santiago Melo, Javier Rodriguez, Rogelio López e Carlos G. Hervella.


Unha reunión que tiña como obxectivo principal, o de facer un seguimento ao falado noutra mantida en Ourense en decembro de 2017.
Informei que o 8 de marzo de 2018, aprobouse provisionalmente o Proxecto de Trazado “Autovía A 76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartón de la Abadía - Requejo” (na provincia de León) por un orzamento de licitación estimado de 101,6 M€, para o seu sometemento a información pública (BOE 19/03/18).
Lembrei que o segundo tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá (León e Ourense) atópase en redacción desde 2017, e que avanza con normalidade
Sobre o tramo ourensán da Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras dixen que inminente a publicación no BOE da resolución das alegacións ao proxecto de trazado que se aprobará proximamente. E que a posteriori haberá que concluír o proxecto construtivo que é un paso previo á licitación das obras. Con todo non comprometín ningún prazo - evidentemente non dependen de min- aínda que dixen que a nosa aspiración é loitar para que se liciten antes de concluír este ano
Tamén dixen que despois de que en novembro de 2017 licitásese o contrato de servizos para redactar o proxecto da variante de Monforte de Lemos, da autovía A-76, estamos pendente dunha inminente adxudicación.
Informei das partidas orzadas polo Ministerio de Fomento para a A-76 no proxecto de Lei de PGE para 2018. O seu total alcanza os 4,78 millóns de euros, repartidos da seguinte maneira, por tramos: A Veiga-O Barco, 3 millóns; Villamartín-Requejo, 496.000; Requejo-A Veiga, 947.90 euros; e variante de Monforte, 336.720 euros.
Falamos tamén da conexión entre N-120 e N-536 en O Barco de Valdeorras. Para licitar as obras está prevista unha partida nos PGE de 2018 de 3 millóns de euros. En 2017 avanzouse no procedemento expropiatorio, co levantamento de actas previas á ocupación durante o pasado mes de xullo. Esperamos que esta licitación teña lugar neste ano.

Falamos tamén das partidas que contemplan os PGE de 2018 para rehabilitación de firmes na estrada N-120 entre os PK. 437,4 e 472,8 e na N-536 entre os P. K. 34,3 ao 59,2.
Finalmente, informei da intervención o pasado día 26 do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, ante a Unión Europea, que tivo lugar en Eslovenia. Nela, defendeu a inclusión no Corredor Atlántico das liñas de mercadorías que conectan os portos da Coruña e Vigo co actual eixo atlántico en Venta de Baños, a través do Barco, Ponferrada, León e Palencia, e os portos de Xixón e avilés co mesmo eixo a través de León, o que garantiría mellor a mobilidade das persoas e das mercadorías de Galicia, Castela León e Asturias.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.