Compartir coas Comunidades de Galicia,
Asturias e Castela e León a celebración da decisión da Comisión Europea de
incorporar o noroeste español ao Corredor Atlántico de Transporte de
Mercadorías, o que suporá incrementar a súa competitividade económica e a
súa capacidade loxística.
A Comisión Europea fixo pública esta mañá a súa proposta de modificación do trazado do
Corredor Atlántico, que incorpora a demanda conxunta de Galicia, Asturias e
Castela e León, que quedou plasmada na Declaración institucional asinada o
pasado 9 de outubro de 2017 en Santiago de Compostela e na que tiven
oportunidade de asistir para testemuñar o meu decidido apoio.
Compre
salientar que a nova anunciada hoxe é froito dun intenso e eficaz traballo institucional
realizado ante as autoridades españolas e europeas en defensa da
competitividade dos tres territorios: Administración Central, Autonómica e Local. E tamén das Cortes Xerais e do Parlamento de Galicia.
Asemade e xusto recoñecer o apoio de diferentes asociacións como o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Organizacións Empresariais, Cámaras de Comercio, Colexios Profesionais, Transportistas,Consorcio da Zona Franca, Autoridades Portuarias, Partidos Políticos de diferente signo, medios de comunicación, etc.
A incorporación desas liñas
ao trazado do Corredor Atlántico convérteas en preferentes e, ao complementarse
coa liña de costa entre A Coruña, Avilés e Xixón, screa bucle de conexión dos portos da cornixa
atlántica.
Froito dos esforzos
conxuntos, destacando a Comisión Europea mostra agora o apoio á realización das oportunas modificacións da
Rede Transeuropea de Transporte e da conexión ferroviaria coas terminais
portuarias e principais plataformas intermodais, co propósito de facilitar un
reparto máis eficiente -económica e ambientalmente-, entre os diferentes modos
de transporte, reequilibrando as posibilidades de atracción industrial destas
comunidades.
A decisión, que deberá ser referendada polo Parlamento e o Consello europeo, garantirá fondos comunitarios para a modernización da liña de ferrocarril de mercadorías a través do mecanismo de financiamento ‘Conectar Europa’.
Agardamos que eso sexa unha realidade, despois de que o pasado 15 de maio, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, analizara co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, os principais retos da Unión Europea e da política comunitaria relevantes para Galicia, entre eles o Corredor Atlántico de Mercadorías, e tamén o avellentamento da poboación, as axudas da PAC e o brexit.
Agardamos que eso sexa unha realidade, despois de que o pasado 15 de maio, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, analizara co presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, os principais retos da Unión Europea e da política comunitaria relevantes para Galicia, entre eles o Corredor Atlántico de Mercadorías, e tamén o avellentamento da poboación, as axudas da PAC e o brexit.
Parabéns a todos !
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.