miércoles, 20 de junio de 2018

Adif AV concluíu a perforación do túnel de Requejo

Informa  Adif Alta Velocidade que concluíu  a perforación da sección superior do túnel de Requejo (vía esquerda), situado no subtramo Pedralba de la Pradería-Túnel de  Padornelo (provincia de Zamora) da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia.

O túnel de Requejo (vía esquerda) conta cunha lonxitude de 2.540  m, dos cales dous tramos de 20 e 120  m, en cada unha das bocas, adoptan a morfoloxía de túnel artificial (neste caso escávase desde a superficie o oco que ocupará o túnel, que se constrúe dentro do espazo ao descuberto e cóbrese unha vez terminado), mentres que o resto (2.400  m) foi escavado en mina (baixo terra).

As estruturas en falso túnel das bocas deseñáronse co fin de mellorar a integración da infraestrutura nas ladeiras. Na boca ao lado Galicia executouse mediante un caixón fincado (estrutura construída in situ para ser colocada baixo as vías de ferrocarril sen interromper o servizo) de 100  m de lonxitude, o que permitiu manter a circulación na liña convencional Zamora-A Coruña, que se cruza neste punto coa nova  LAV.

Celebrou este avance e espero que continúen estas boas noticias no futuro con independencia dos cambios que se poidan producir en  Adif AV como consecuencia do cambio de Goberno.

Estamos ante un proxecto de Estado e de prioridade, isto debémolo ter todos claro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.