sábado, 30 de junio de 2018

Anunciada a licitación da implantación de vía en ancho estándar no traxecto ferroviario Taboadela-Ourense


Onte publicaba o Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación de  Adif alta Velocidade do contrato de obras de execución do proxecto de construción para a implantación do ancho estándar na vía do traxecto Taboadela-Ourense.
Vía actual en Seixalbo

Ten un valor IVE excluído: 21.874.254.50  EUR e unha duración de 12 meses.



Esta estupenda noticia é a continuación doutra que publicaba neste Blog o pasado día 24 de maio cando daba conta que o Ministerio de Fomento a través de  Adif Alta Velocidade ( Adif AV), aprobase a licitación e adxudicación de diversos contratos, por importe global de 106.901.966 euros (IVE incluído), para o avance dos traballos no traxecto comprendido entre Pedralba de la Pradería (Zamora) e Ourense.

Un deles. o que onte se anuncia no  DO da UE, ten como obxectivo facilitar a chegada da alta velocidade desde Zamora á estación de Ourense dando continuidade á  LAV Madrid-Galicia. Para iso é necesaria a implantación de vía en ancho estándar (1.435 mm) sobre o corredor ferroviario actual entre as estacións de Taboadela e Ourense, nunha lonxitude aproximada de 13 km.

As principais actuacións incluídas neste proxecto son as seguintes:

- Renovación da superestrutura de vía existente ( balasto, carril e travesas).

- Implantación de ancho mixto (terceiro fío).

- Montaxe de vía en placa en dous pequenos tramos de vía.

Estación de San Francisco
- Adecuación do trazado para homoxeneizar velocidades e garantir o cumprimento dos  gálibos e alturas libres que permitan a súa electrificación (obxecto doutro contrato).

- Impermeabilización dos catro túneles do tramo e execución dunha galería de emerxencia no túnel de San Francisco.

- Demolición da plataforma lateral sen uso do apeadeiro de Ourense-San Francisco.

- Adecuación da drenaxe existente á nova configuración de vías.

- Execución de  canaletas para comunicacións e cimentación dos postes de  catenaria.

- Reposición de servizos afectados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.