miércoles, 20 de junio de 2018

Celebramos hoxe, 20 de xuño, o 100 aniversario da inauguración da Ponte Nova de Ourense


Os ourensáns estamos de noraboa. Celebramos hoxe, 20 de xuño, o 100 aniversario da inauguración da Ponte Nova disposta sobre o Río Miño.

Esta ponte formou parte do proxecto da chamada, Estrada de Primeira Orde desde o Campo de San Lázaro de Ourense ata a Estación de Canedo (ferrocarril de Ourense a Vigo).

O seu proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños cántabro Martín Díez de la Banda foi aprobado definitivamente por Real Orde do 22 de febreiro de 1909. Poxáronse as obras o 7 de abril de 1910. O orzamento de contrata era de 1.211.996 ptas.

As obras foron adxudicadas o 14 de maio de 1910 á empresa Construcións Hidráulicas e Civís. J. Eugenio Rivera e Compañía, de Bilbao, por 1.157.000 das antigas pesetas. A primeira pedra colocouse coincidindo cos festexos do Corpus do sábado 28 de maio de 1910.

29 de agosto de 1917 redactouse un proxecto reformado por importe de 1.310.464,20 ptas. Foi aprobado por Real Orde de 22 de outubro de 1917 o que supuso un  aumento de 98.468 ptas. sobre orzamento primitivo.

O 4 de decembro de 1917 enviouse á superioridade un segundo reformado importante 1.353.663,97 ptas. que mereceu a aprobación o 21 de decembro de 1917 sendo o orzamento vixente polo que liquidáronse as obras".

Aínda que o prazo inicial de execución de obras foi de 5 anos, por diversas razóns, as obras deberon terminar o 13 de xaneiro de 1918.

A ponte está formado por seis arcos de sillería aplantillada e un tramo metálico na parte central. A súa complexa disposición está formada por tres arcos de medio punto, un arco de directriz parabólica con catro nervios metálicos, un arco de carpanel e outro de medio punto.

Na súa construción empregouse pedra procedente de Outariz e os farois que o decoran son dunha fundición dos talleres madrileños Iglesias.

Esta Ponte representou a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova comunicación viaria sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da histórica Ponte Romana.

Desde fai xa máis dun ano vin realizando xestións para tratar de animar a institucións e a particulares a organizar actividades conmemorativas deste Centenario. 

Unha desas xestións cristalizou na emisión por Correos dun selo conmemorativo desta efemérides, cun valor postal de 1,35 euros, e unha tirada de 180.000 selos.

E afortunadamente implicáronse decididamente tanto o Concello de Ourense como o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, que se plasma nunha exposición na Rúa do Paseo conmemorativa dos 100 anos da Ponte Nova, coa colaboración do Diario La Región, para que os cidadáns descubran os segredos desta construcción.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.