Esta semana que finaliza coñecemos que o vindeiro
martes 17 de xullo terá lugar o primeiro encontro de carácter institucional que
manterán na Moncloa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da
Xunta Alberto Núñez Feijoo.
Sen dúbida un dos temas de máxima prioridade será
obter do Goberno socialista a ratificación de todos os compromisos de Estado asumidos polo
anterior Goberno en relación coa Administración do Estado as grandes infraestruturas
en Galicia e moi en especial ao ferrocarril de alta velocidade.
Hai dúas datas comprometidas que deben cumprirse, a
conclusión das obras a finais deste ano no tramo de Zamora a Pedralba de la
Pradería e a finais de 2019 das obras
entre esa localidade zamorana e Ourense.
Dicía esta semana o presidente Feijóo: «Non imos a esixir a este Goberno
máis do que esiximos ao anterior»,
afirmación con la que estoy totalmente
de acordo.
Como xa puxen de relevo esta semana noutra entrada, as
obras da LAV a Galicia progresan
satisfactoriamente neste momento.
O xoves regresando no Alvia a Ourense puiden ver como evolucionaban
as obras do cambiador de ancho de
Pedralba de la Pradería, e os viadutos, que mes a mes ven crecer os seus
alicerces e os seus taboleiros. Agora ademais o bo tempo acompaña e iso
facilita a execución das obras.
Agardo con interés as primeiras palabras do novo ministro cando compareza na Comisión de Fomento do Congresos dos Deputados, previsiblemente na primeira quincena de xullo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.