O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais
do paro rexistrado correspondentes
ao mes de maio de 2018.
Son os
seguintes:
Ourense:
Baixa o
paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 285 persoas, un 1,42 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 2.780 persoas saíron en
Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do –
12,31 %.
O número
de parados queda en 19.805, deles 8.499 son homes e 11.361 mulleres, 18.684 son
maiores de 25 anos e 1.121 menores.
Por
sectores, 1.009 son da agricultura, 2.441 da industria, 1.804 da construción,
12.559 nos servizos e 1.992 do colectivo sen emprego anterior.
Lembrar
que a 31 de decembro de 2011 había na provincia de Ourense: 28.217 parados.
Significa esto que na etapa de goberno do Partido Popular (12/2011 a 5/2018) baixou o paro
rexistrado en 8.412 persoas.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia baixa en maio en 5.595 persoas con
respecto a abril (un – 3,07 %).
O número
de parados queda en 176.696, deles 75.079 son homes e 101.617 mulleres, 168.191
son maiores de 25 anos e 8.505 menores.
Por sectores,
6.412 son da agricultura, 19.788 da industria, 16.008 da construción, 118.858
nos servizos e 15.630 do colectivo sen emprego anterior.
O paro, ademais, baixou nos colectivos con máis dificultades para atopar un posto de traballo: nos menores de 30 anos (-14,10%); parados de longa duración (-9,04%); e mulleres (-8,98%). Algo máis de 1 de cada 3 desempregados que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración.
Así mesmo, o desemprego descendeu nas catro provincias galegas, nas 7 grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a caída a construción (-21,76%), seguido da industria (-14,37%), e da agricultura e pesca (-13,19%).
Con respecto aos datos provinciais, Lugo lidera o descenso cunha baixada do 13,70%, seguida de Pontevedra (-12,81%), Ourense (-12,31%) e A Coruña (-9,35%).
A nivel
interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 22.942 persoas saíron en
Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do –
11,49 %.
O desemprego en Galicia leva xa catro anos e medio baixando de xeito consecutivo e se sitúa en niveis de hai 9 anos.
A calidade no emprego tamén sigue mellorando. No último ano asináronse 8.594 contratos máis, un aumento do 9,81%: a contratación indefinida medrou un 22,20%, superando en máis de 13 puntos o ritmo de subida da temporal e a tempo completo tamén aumentou, nun 14,60%, quintuplicando o incremento reflectido a tempo parcial. En comparación con España, o ritmo de contratación en Galicia é moi superior, 8,29% máis. Tamén e maior en Galicia que no Estado o incremento no número de contratos indefinidos, un 2,58% máis.
O desemprego en Galicia leva xa catro anos e medio baixando de xeito consecutivo e se sitúa en niveis de hai 9 anos.
A calidade no emprego tamén sigue mellorando. No último ano asináronse 8.594 contratos máis, un aumento do 9,81%: a contratación indefinida medrou un 22,20%, superando en máis de 13 puntos o ritmo de subida da temporal e a tempo completo tamén aumentou, nun 14,60%, quintuplicando o incremento reflectido a tempo parcial. En comparación con España, o ritmo de contratación en Galicia é moi superior, 8,29% máis. Tamén e maior en Galicia que no Estado o incremento no número de contratos indefinidos, un 2,58% máis.
Lembrar
que a 31 de decembro de 2011 había en Galicia 258.324 parados. Significa esto que na etapa de goberno do Partido
Popular (12/2011 a 5/2018) baixou o paro rexistrado en 81.628 persoas.
España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego baixou en maio en 83.738 persoas en relación co mes anterior. En
termos desestacionalizados o paro tamén
descendeu, en 3.236 persoas.
Respecto de maio de 2017 o paro reduciuse 208.998 persoas, o que sitúa o
seu nivel de redución interanual no 6,04%.
Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.252.130, a máis baixa
desde decembro de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en febreiro de
2013, o paro reduciuse en 1.788.092 persoas.
O paro rexistrado baixou en todas as
Comunidades Autónomas, entre as que destacan: Cataluña (-13.378), Andalucía
(-13.001) e Madrid (-9-830).
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado
reduciuse en Servizos en 53.542, en Agricultura
en 8.032, en Industria en 8.227, en Construción en 11.254 e no colectivo
Sen Emprego Anterior baixa en 2.683.
Maior rexistro de contratos indefinidos en maio de toda a serie histórica
O número de contratos rexistrados durante o mes de maio foi de 2.058.400,
supono unha subida do 1,52% sobre o mesmo mes do ano 2017.
Así mesmo, en maio rexistráronse 200.078 contratos de carácter indefinido,
o maior rexistro de contratos indefinidos un mes de maio de toda a serie
histórica.
A contratación indefinida creceu un 19,6% con respecto a maio de 2017, co
que se encadean así xa 52 meses consecutivos de aumentos na contratación
indefinida.
En termos acumulados, os contratos indefinidos a tempo completo alcanzan
nos cinco primeiros meses do ano un total de 553.098, o 16,91% máis que en
igual período do ano 2017.
Lembrar
que a 31 de decembro de 2011 había en España 4.422.359 parados. Significa
esto que na etapa de goberno do Partido Popular (12/2011 a 5/2018) baixou o paro rexistrado en 1.170.229 persoas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.