Finalizou hoxe o Pleno do Congreso dos Deputados coa aprobación da moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy presentada polos deputados do Grupo Parlamentario Socialista e con Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, como candidato á Presidencia do Goberno, que obtén así a confianza da Cámara e será nomeado polo Rey.
A votación comezou ás 11 da mañá do venres 1 de xuño, concluído o período de arrefriado de cinco días previsto na Constitución desde a presentación no Rexistro da moción de censura, presentada o pasado venres e que se debateu os días 31 de maio 1 de xuño.
A votación foi pública e por chamamento. Un membro da Mesa pronunciou o nome de cada deputado, en orde alfabética, a partir do apelido Rivera, que foi elixido por insaculación. Así, cada parlamentario foi pronunciando en voz alta e desde o seu escano o seu "si", "non" ou "abstención" ante a moción de censura. Os membros do Goberno e a Mesa da Cámara votaron en último lugar.
Tras 180 síes, 169 nons ( entre eles o meu) e 1 abstención, a moción de censura recibiu o respaldo do Pleno.
Por tanto, considérase que Pedro Sánchez foi "investido da confianza da Cámara", para os efectos previstos no artigo 99 da Constitución.
Por tanto, considérase que Pedro Sánchez foi "investido da confianza da Cámara", para os efectos previstos no artigo 99 da Constitución.
Agora, a presidenta do Congreso poñerao inmediatamente en coñecemento do Rey e de Mariano Rajoy. O xefe do Estado, Felipe VI, é o encargado de nomear ao novo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.