miércoles, 27 de junio de 2018

Pesar polo pasamento de José Luis Meilán Gil


Coñecemos hoxe o pasamento de José Luis Meilán Gil, falecido repentinamente a pasada noite.
Este coruñés, foi un prestixioso catedrático de Dereito Administrativo- do que tiven a sorte de ser alumno-  na Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e logo foi o segundo reitor da Universidade da Coruña, entre os anos 1990 e 2003.
Tivo una importante carreira política. En agosto de 1976 fundou o Partido Galego Independente, que logo integrouse na UCD

Foi electo en 1977 como deputado pola provincia de A Coruña nas Cortes Xerais, formando parte da lexislatura constituinte.  Traballou na elaboración da Constitución, intervindo decisivamente na elaboración do título octavo ao lado do profesor Clavero. 
Foi logo electo na primeira Lexislatura de 1979 na que se distinguiu na defensa dos intereses de Galicia, conseguindo que non fora discriminada na aprobación do seu Estauto de Autonomía, evitando o "aldraxe" que algúns pretendían.

No seu libro "El Estatuto Gallego. Por fin unnha Terra Nosa" da conta das vicisitudes que pasou a aprobación da nosa máxima norma autonómica.
Tamén foi conselleiro de Estado e distinguido coa Medalla de Ouro de Galicia en 2003, a Gran Cruz do Mérito Civil ou a de Alfonso X o Sabio, entre outros galardóns.
Siinto moito o falecemento de José Luis Meilán Gil, a que tiven a honra en coeñecer e lembro agora o día  29 de xuño de 2017 cando saudáballe no Congreso con ocasión do 40 aniversario das eleccións de 1977.

D.E. P.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.