O pasado xoves o
Consello da Xunta. Tomou unha importante decisión desbloqueando o crédito necesario para
cofinanciar con case 4 millóns de euros o 67% do aparcadoiro da estación
intermodal de Ourense.
Esa infraestrutura,
cuxo deseño técnico correu a cargo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
foi remitido o pasado mes de abril ao Ministerio de Fomento que, a través do
ADIF, será o encargado de contratar e executar as obras, ademais de sufragar o
custo restante.
Este aparcadoiro
disporá de 302 prazas e, ademais de prestar servizo ás estacións de ferrocarril
e autobuses, será de grande utilidade ao barrio da Ponte e permitirá a
reordenación da actual praza da estación.
O aparcadoiro
subterráneo forma parte da primeira fase do gran proxecto da estación
intermodal de Ourense, xunto coa nova terminal de autobuses intermodal, cuxas
obras foron licitadas o pasado 26 de febreiro pola Xunta de Galicia por un
importe de 4,2 millóns de euros e cuxo inicio se prevé para este mesmo mes de
xullo.
Situado baixo a
área de aparcadoiro da actual praza da estación, terá unha superficie total de
8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302
prazas, e incluirá 10 estacionamentos adaptados para persoas con mobilidade
reducida.
O aparcadoiro
conectarase coa rúa Eulogio Gómez Franqueira mediante ramplas independentes de
vehículos para entrada e saída, situadas ambas no lado sur do equipamento.
O desembarco á
superficie realizarase en paralelo á rúa, de forma que se poida conectar con
ela de forma directa e sen afectar os percorridos peonís na praza nin o tráfico
urbano. Ademais, disporase de tres puntos de acceso peonil desde a praza da
estación. Dous deles situaranse na área norte, máis próximas á entrada dás
terminais de autobuses e de ferrocarril, respectivamente, e contarán con
ascensor accesible. O terceiro situarase no lado sur do aparcadoiro.
Nunha 2ª fase, que
desenvolverá o Ministerio de Fomento, levarase a cabo a adaptación da terminal
de ferrocarril e as actuacións para mellorar a integración urbana e a conexión
transversal cos barrios da Ponte e do Vinteún.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.