A N-540 ao seu paso por Chantada 30/4/2018-28/7/2018 |
O pasado 3 de maio publicaba neste blog
unha entrada, na que daba contra que 30 de abril acompañado polo deputado
ourensán Miguel Viso mantiven en Vilamarin unha
reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo, constituído en Chantada.
Como dicía, nela escoitamos de primeira
man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das
comunicacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na
estrada N-540 en
territorio da provincia de Lugo.
E tamén escoitamos o gran malestar existente
en relación coa moi lenta marcha das obras de execución do único treito desta
autovía e a falta de impulso nos outros que a conforman.
Pediron explicacións sobre a execución
orxamentaria e demandaron solucións.
Sobre o mal estado do firme da N-540, informaba
que que a primeira hora do 30 de abril estivemos percorrendo a mesma ata
Chantada comprobando que o firme era moi deficiente na parte lucense, a partir de
Carballedo e singularmente penoso en Chantada.
Pois ben, este pasado sábado
28 de xullo conducín o meu coche por esta estrada nacional e puiden comprobar o
seu bo estado, unha vez rematadas as obras de reparación do firme. Na recta de
Chantada a diferencia é abismal entre a situación do firme de hoxe en
comparación con tres meses antes.
Compre seguir estando pendentes da
conservación e mantemento desta importante estrada nacional para evitar situacións
como as vividas neste inverno.
Sobre a autovía A-56
Aproveitei tamén esta viaxe para visitar
as obras o da A-56 no tramo A Barrela-
San Martiño (executadas ao 51% actualmente) e teño que dicir que non vi un
avance das obras sobre a situación de hai tres meses.
Lembro que na vsita que fixen este xoves 26
de maio de 2018 ao novo Director General de Carreteras do Ministerio de Fomento, Francisco Javier Herrero Lizano, pedinlle que intensificásese o ritmo de execución
deste tramo entre Sanmartiño e A Barrela, que impulsaran as obras
doutros tramos e que se programe unha nova reunión para setembro de 2018 coa
finalidade de repasar a evolución desta autovía.
Compre traballar arreo nestas obras para acadar o obxectivo de que estean rematas no priemiro semestre de 2019.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.