Onte o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, o contrato para a subministración de transformadores de tracción para diversas liñas ferroviarias, por un importe global de 15.009.642,69 euros (IVE incluído).
Estes equipos, que son necesarios para a electrificación da infraestrutura ferroviaria, están destinados aos tramos Pedralba de la Pradería-Ourense, na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia (actualmente en construción), e ás liñas da rede convencional Zaragoza-Teruel-Sagunto e Bobadilla-Alxeciras (ambas as liñas están a ser obxecto de proxectos de renovación e mellora).
Desta forma, preténdese cubrir a necesidade destes equipos, adecuando os prazos de subministración á programación das obras correspondente.
Os trens de tracción eléctrica necesitan ir recibindo corrente eléctrica para moverse ao longo das liñas ferroviarias. Para facilitar esta subministración, ao longo do trazado do ferrocarril constrúense subestacións eléctricas, onde a corrente eléctrica é transformada antes de transmitirse aos trens mediante unha liña de contacto disposta paralelamente ao eixo da vía.
Para que a enerxía pase da subestación eléctrica ao tren son necesarios os equipos transformadores, que converten a enerxía eléctrica desde a forma provista pola rede xeral ás condicións de voltaxe, corrente e frecuencia apropiada para o seu uso ferroviario.
Os transformadores, por tanto, son o corazón das subestacións de tracción e converten a tensión da rede de transporte (de 400 ou 220 kV) na que utiliza o tren (2x25 kv). Trátase de máquinas moi grandes, de ao redor de 80-100 toneladas e 8-9 metros de altura, que contan cunha gran potencia (entre 30-60 MW).
O contrato global inclúe a subministración de 14 transformadores, así como dos seus equipos auxiliares. Tamén engloba o proceso de enxeñería, fabricación e ensaios cos equipos, así como a súa almacenaxe, transporte a obra e montaxe, co seu correspondente control de calidade, así como a asistencia técnica na instalación, conexión e posta en servizo. Así mesmo, comprende todas as probas e ensaios de homologación e recepción, así como de rutina dos equipos, tanto en fábrica como no seu lugar de instalación.
Outros 3,3 M€ en autotransformadores
Esta actuación súmase á recente licitación, no último Consello de Administración de Adif, do contrato para a subministración de equipos autotransformadores de tracción para as liñas da rede convencional Zaragoza-Teruel-Sagunto e Bobadilla-Alxeciras, así como para o tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense.
Este contrato, que inclúe tamén o apoio técnico na instalación e posta en servizo dos equipos autotransformadores (de 55/27,5 kV 10 MVA), licitouse por 6.921.899,3 euros (IVE incluído).
Os autotransformadores son os equipos que van nos centros de autotransformación e serven para repartir a corrente eléctrica entre carril, catenaria e feeder (cables ou condutores que alimentan a catenaria e conéctana coa subestación) no sistema 2x25. Estes equipos son moitos máis pequenos que os transformadores, unhas 15 toneladas e 3 m de altura, e contan con menos potencia (entre 10-15 MW).
Financiamento europeo
Esta actuación vai ser cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER).
Remato dicindo que esta autorización de licitación que adoptou o Consello de Ministros, vén a dar continuidade ao anuncio que en data 7 de maio de 2018 fixo en Ourense, o ministro de Fomento Íñigo de la Serna.
Entón dixo: “Xa se está traballando na parte de instalación, electrificación, catenaria, postes, e nas subestacións”.
Por tanto celebramos que continúe o impulso a unha parte esencial para a chegada da LAV a Galicia que é o apartado relacionado coa electrificación.
Remato dicindo que esta autorización de licitación que adoptou o Consello de Ministros, vén a dar continuidade ao anuncio que en data 7 de maio de 2018 fixo en Ourense, o ministro de Fomento Íñigo de la Serna.
Entón dixo: “Xa se está traballando na parte de instalación, electrificación, catenaria, postes, e nas subestacións”.
Por tanto celebramos que continúe o impulso a unha parte esencial para a chegada da LAV a Galicia que é o apartado relacionado coa electrificación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.