Viaxo no meu coche,
moi á primeira hora de hoxe desde Ourense a Madrid, e vendo desde a estrada as
obras da Liña de Alta Velocidade a Galicia, decido parar uns minutos para
coñecelas máis de cerca.
Saio da autovía
A-52 en Mombuey e nas proximidades desta
localidade vexo o adiantado estado das obras. O vixiante indícame que as vías
foron montadas sobre as travesas hai dúas semanas, os postes están xa colocados
e o perímetro xa está valado.
Volvo logo á autovía
e avanzo uns quilómetros e ao chegar a Rionegro del Puente a abandono e avanzo uns metros pola
estrada N-631 e chego ás obras. Vexo as
vías na mesma situación que en Mombuey,
e achégome despois a unhas enormes chairas
nas que se amorean cantidades inxentes de
balasto.
Tren cargando balasto en Rionegro del Puente |
E vexo a maquinaria
pesada, que está a trasladar o balasto
aos enormes vagóns dun tren alí estacionado.
Material que irá destinado a
outros puntos da liña nos que se está procedendo á montaxe da vía.
O subtramo Otero de Bodas- Cernadilla afecta os termos municipais de Otero de Bodas, Rionegro del Puente, Mombuey e Cernadilla.
As obras que se
executan supoñen a construción de 30,3 quilómetros de nova plataforma
ferroviaria, incluíndo a execución de 4 viadutos, 2 falsos túneles, 12 pasos
superiores e 10 inferiores.
Vías en Mombuey |
Como elementos
singulares, destacan o Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens de Mombuey e o viaduto do río Tera, de 700 metros de lonxitude. Nos dous
proxectos, a plataforma para executar consta de 14 metros de ancho, apta para
vía dobre e o trazado deseñouse para velocidades superiores a 300 quilómetros
por hora.
Realmente lévome
unha impresión moi satisfactoria de como avanzan estas obras e creo que Adif Alta Velocidade vai ser capaz de
alcanzar o obxectivo de chegar a final deste
ano coas obras finalizadas ata Pedralba
de la Pradería.
Achego este vídeo e estas fotografías feitas co meu teléfono móvil.
Achego este vídeo e estas fotografías feitas co meu teléfono móvil.
Mombuey |
Rionegro del Puente
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
|