Aproveito esta mañá dominical para ver na Rúa do Paseo e con
calma a exposición “Cen anos da Ponte Nova” coincidindo coa efeméride do
centenario da construción desta infraestrutura da cidade.
Unha mostra inaugurada o pasado 20 de xuño, organizada polo
Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de camiños, canles e portos de
Galicia, que consta de 6 paneis que recollen diversas imaxes sobre o seu proceso construtivo, resaltando a historia desta ponte.
Esta infraestrutura representou a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova comunicación viaria sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da histórica Ponte Romana.
Hai
un sétimo panel, no que o Colexio quere destacar outras obras civís importantes
en Galicia
Recomendo a todos visitar esta exposición que estará ata o día
19 de xullo, xposición, e que se atopa fronte a sála Anxo Valente (antigo edificio do Banco de
España) e que se enmarca no programa de actividades que se están a desenvolver
para celebrar os 100 anos de existencia da Ponte Nova de Ourense.
Lembremos que un modo de celebralo foi a emisión o 7 de maio dun selo de Correos, dentro da serie denominada «Efemérides» coa que CORREOS conmemora acontecementos relevantes na Historia de España.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.