miércoles, 4 de julio de 2018

España superou en xuño a barreira dos 19 millóns de ocupados e Galicia o millón de afiliacións á Seguridade Social


Coñecemos onte que a afiliación media á Seguridade Social en España  superou en xuño a barreira dos 19 millóns de ocupados (19.006.990) tras ascender en 91.322 afiliados, o 0,48%, Unha cifra que non se alcanzaba desde setembro de 2008 (19.020.359), trátase, por tanto, dos mellor datos de afiliación da última década. En termos  desestacionalizados, continúa sumando ocupados (53.236) e alcanza os 18.800.828.

En termos interanuais, xuño do ano pechou cun incremento de 573.884 afiliados medios máis, o 3,11%.

Outro dato significativo é o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social, que supera o resultado de maio, con 8.779.129 traballadoras, o maior nivel xamais rexistrado. Representan o 46,19% do total de ocupados.

A creación de empresas crece en 7.709 (cun mes de  decalaxe). 

BALANCE RESPECTO AO MES ANTERIOR

O Réxime Xeral rexistrou un incremento de 77.477 persoas (0,50%), dato que supera o de xuño do pasado ano, e que eleva a cifra ata 15.664.100 ocupados.

Nunha análise máis detallada, obsérvase que é o dato máis alto de toda a serie histórica, desde que se produciu a integración dos Réximes Agrario e de Fogar. Se se considera o Réxime Xeral puro –sen os Sistemas Especiais integrados en 2012- é o mellor rexistro (14.457.662) desde setembro de 2008 (14.554.822).

En maio, creceu a afiliación na maioría dos sectores económicos, especialmente en Hostalería con 34.357 (2,53%); Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas con 28.617 (1,20%), Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, 20.570 (1,40%)  Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 19.492 (1,51%); Industria Manufactureira, 14.706 (0,81%); Construción, 12.863 (1,57%) e Transporte e Almacenamento, 5.214 (0,74%).

En sentido contrario, o maior peso corresponde a Educación que, coincidindo co fin do curso escolar, rexistra un descenso de 54.231 (-5,78%).

En canto ao Sistema Especial Agrario, rexistra  21.716 ocupados menos (-2,69%), e sitúase en 787.069 afiliados medios. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar baixa en 777 (-0,19%) e alcanza os 419.369 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.273.558 persoas, tras incrementarse en 12.160 (0,37%) no mes. 

Respecto ao Réxime Especial do Mar, suma 1.699 ocupados (2,60%) ata situarse en 67.081  Finalmente, o Carbón está constituído por 2.251 afiliados, que descende en 14 persoas.

A cifra de afiliados á Seguridade Social ascende en xuño na maioría das Comunidades Autónomas, especialmente en Cataluña (32.568), Baleares (23.822), Castela-A Mancha (12.457), Galicia (8.408) e Aragón (8.296). Descende en Andalucía (-23.655), Región de Murcia (-1.685) e as cidades autónomas de Ceuta (-55) e Melilla (-386).

RESPECTO DE 2017

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 573.884 ocupados, o 3,11%. En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 538.381 traballadores (3,56%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,09%, o que se traduce nun crecemento de 35.148 persoas. O Réxime do Mar creceu en 1,14% (758) e o Carbón rexistrou descenso de 403 (-15,17%).

En termos anuais a ocupación avanza en todas as provincias e Comunidades e Cidades Autónomas destacando  porcentualmente os incrementos da Comunidade Valenciana (4,12%), Canarias (4,09%), Comunidad de Madrid (3,98%), Navarra (3,88%), Baleares (3,36%) e Andalucía (3,15%).

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 1.006.499 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 8.408 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,84 %). Unha cifra que no se alcanzaba desde hai case 7 anos (agosto de 2011)

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 771.227 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 214.277 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.995 afiliados medios

A Comunidade galega segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,72%, é dicir, 26.622 máis, o que supón que xa son 8 meses consecutivos nos que o aumento anual supera o 2% e as 20.000 afiliacións.
Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xuño en 103.027 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 877 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,86%). 


En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 2.227 ocupados, (2,21 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 78.057 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 24.970 afiliados medios. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.