Interveño hoxe no faladoiro do programa
Voces de Galicia de Radio Voz na que a moderadora nos expuxo a Pablo Mosquera e
aos meus dous temas.
En primeiro lugar sobre o contido do
discurso do presidente do Parlamento de
Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, con motivo da Ofrenda Nacional ao
Apóstolo Santiago.
Valorei como moi positivo que fixera referencia
aos casos de corrupción que afectan á credibilidade das institucións, de
que con independencia dos feitos que deben xulgar os tribunais, resultaba
imprescindible que todos pidamos desculpas –con responsabilidade ou sen ela-
polos erros cometidos e seguir reforzando os mecanismos de prevención para
impedir que accións deste tipo podan repetirse no futuro.
Puxen de manifesto os avances na loita
contra a corrupción e protección do denunciante. E que Transparencia
Internacional informou que en España avanzouse coa lei orgánica pola que se
mellorou o control económico e financeiro dos partidos políticos, a adaptación
da Lei de Axuizamento Criminal e a reforma do Código penal, que endurece as penas
e amplía o espectro de delitos asociados coa corrupción.
Falamos logo dos
actos do Día da Patria Galega que onte
protagonizaron o BNG e En Marea.
Sobre a manifestación do BNG manifestei a
miña simpatía sobre a mesma pero non así polas caducas mensaxes que se
trasladaron un ano máis na praza da Quintana.
Dixen que é incomprensible que Ana Pontón aludise ao “silencio e
abandono” que as fozas estatais reservan a Galiza.
Lembrei que nas
últimas eleccións autonómicas de 2016 o BNG que só obtivo o apoio do 8,36 % do electorado, fronte ao
47,53 % do PP de G, o 19, 7 % de En Marea e o 17,88 % do PsdeG-PSOE.
Estes datos
acreditan as preferencias dos electores, e que o BNG, que no seu día foi unha forza política con influencia
real, hoxe instálase nunha posición moi minoritaria e todo iso pola vontade dos
galegos. E tamén lamentei o apoio que deu Ana Pontón a aqueles que puxeron en
xaque en Cataluña ao estado de Dereito, chamándolles “presos políticos”.
Sobre os
actos de En Marea, mostrei a miña perplexidade ante o feito de que houbese polo
menos catro actos das diferentes forzas que a integran, o que evidencia a súa
división.