Participo hoxe en Ourense no proceso electoral do
Partido Popular.
Trátase do primeiro conclave no que os militantes temos voto
directo na elección á presidencia.
En España inscribíronse 66.706
afiliados deles en Galicia un total de 4.564.
Os afiliados inscritos tamén votarán a
selección dos compromisarios ao Congreso, no que Galicia, que conta con 279 compromisarios
electos e 48 natos, será a cuarta autonomía con máis delegados.
Como resultado desta votación, serán
proclamados candidatos á presidencia do Partido, para a súa elección polos
compromisarios, os dous precandidatos que tivesen obtido o maior número de
votos emitidos polos afiliados.Esos pasarán á segunda volta.
Serán logo 3.184 compromisarios os que procederán
a elección definitiva do presidente do Partido Popular no Congreso Nacional
Extraordinario que se celebrará os próximos días 20 e 21 de xullo en Madrid.