miércoles, 4 de julio de 2018

Pesar polo pasamento de Miguel Cortizo

Onte coñecemos o falecemento de Miguel Cortizo, un político socialista galego que tivo unha dilatada carreira e que ocupou postos de gran relevancia.

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, chegou a  graduarse posteriormente nesta especialidade como doutor. Foi profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Coñecinlle con ocasión da miña pertencía na V Lexislatura ao Parlamento de Galicia, Ambos formamos parte da Mesa que presidiu José María García  Leira. Miguel era vicesecretario e eu vicepresidente primeiro. Iso deume oportunidade de tratarlle máis e descubrín a súa gran intelixencia.

Foi logo deputado en Cortes na X Lexislatura, onde tamén coincidimos,  delegado do Goberno en Galicia e Embaixador en Misión Especial para a Coordinación das Relacións coas Comunidades Españolas en Iberoamérica e embaixador en Paraguai durante o mandato de Zapatero.

O meu máis sentido pésame á súa familia e ao PSdeG.