O Pleno do Congreso
dos Deputados reunirase de novo en sesión extraordinaria o luns ás 17.00 horas
para votar a elixir aos 4 membros do
Consello de Administración da Corporación de RTVE correspondentes ao Senado,
ao non alcanzar a pasada semana a maioría de dous terzos necesaria para
elixilos nesta primeira volta.
Segundo o
establecido no Real Decreto-Lei 4/2018, do 22 de xuño, se o Senado non consegue
elixir os seus conselleiros nin en primeira nin en segunda votación, o Congreso
dos Deputados poderá facelo nun prazo de dez días, é dicir, antes do 18 de
xullo. Desta maneira, o Congreso debe elixir, cunha maioría de 2/3 aos catro
membros do Consello que corresponden á Cámara Alta. Ao non lograr o apoio
necesario, producirase unha segunda votación pasadas 48 horas na que será
necesaria a maioría absoluta e o apoio da metade dos grupos parlamentarios.
No caso de que o
Pleno do Congreso non aprobase a elección dos catro conselleiros en ningunha
das dúas votacións, o Goberno nomeará un administrador provisional único que
deberá ser votado no Congreso dos Deputados e que para ser elixir necesita
tamén maioría de 2/3 ou absoluta 48 horas despois.
As listas dos catro
candidatos a formar parte do Consello de RTVE é a mesma que se debateu no
último pleno no Senado. Os conselleiros propostos polos grupos Socialista,
Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea e PNV son Ana Isabel Pechada,
Fernando López Agudín, Josep-Lluis Micó e Juan
Tortosa.
O pasado mércores o
Congreso dos Deputados elixiu aos seus 6 conselleiros correspondentes tras
obter a maioría absoluta da Cámara. A lista presentada polo Grupo Socialista,
Unidos Podemos-En Comù Podem-En Marea, e do PNV (composta por Rosa María Artal, Cristina Fallarás, Juan José Baños,
Concepción Cascajosa, Víctor Sampedro e
Tomás Fernando Flores) logrou 177 votos para cada candidato. Na sesión
celebrada o luns non alcanzaran os 2/3 necesarios. No Senado ningunha das
candidaturas presentadas logrou os 2/3 na sesión do martes nin a maioría
absoluta na do xoves.
Se o Congreso
aproba o luns a elección dos catro conselleiros procederase a votar ao
presidente do Consello de Administración da Corporación de RTVE, de entre os
elixidos previamente. Para iso deberá obter a maioría de 2/3 da cámara en
primeira votación ou a maioría absoluta e o apoio de, polo menos, a metade dos
grupos en segunda.
O presidente do
Goberno, Pedro Sánchez, comparecerá o
vindeiro martes 17 a petición propia no Congreso dos Deputados para informar
sobre o seu programa de goberno e o último Consello Europeo.
Segundo establece o
artigo 203 do regulamento do Congreso dos deputados, despois da exposición oral
do Goberno poderán intervir os representantes de cada grupo parlamentario por
dez minutos fixando posicións, formulando preguntas ou facendo observacións.
Pedro Sánchez,
ademais de explicar o programa político do seu Executivo, informará sobre os
acordos alcanzados no Consello Europeo que se celebrou o pasado 28 e 29 de xuño
de 2018. Un día antes da súa celebración, o presidente do Goberno acudiu ao
Congreso dos Deputados para informar en Sesión Plenaria a postura que tomaría o
Executivo no cume celebrado en Bruxelas. Dita sesión informativa foi solicitada
polo propio Pedro Sánchez e polo grupo confederal de Unidos Podemos-En Comú
Podem-En Marea.
Nesta mesma liña,
todos os ministros que compoñen o novo goberno compareceron ou van comparecer
esta semana nas súas respectivas para informar sobre as liñas da súa xestión ao
resto de grupos parlamentarios.
E ese mesmo día 17 pola
tarde celebraremos unha nova sesión da Comisión
de Investigación sobre o accidente ferroviario ocorrido en Santiago o 24 de
xullo de 2013, na que desde as 16,00 horas recibiremos a comparecencia de
D. José Ramón Iglesias Mazaira, Xefe de Maquinistas de RENFE Operadora e de
D. Nicolás Izquierdo Nadal, Xefe de Tráfico
de RENFE Operadora, para informar sobre asuntos de interese para esta Comisión.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.