A próxima semana de xullo, terá unha alta intensidade parlamentaria.
No meu caso participarei o martes desde as 10:30 h.e 17:00 h. ou fin Pleno, na Comisión de Investigación do accidente ferroviario ocorrido en Santiago o 24 de xullo de 2013, na que terán lugar as seguintes comparecencias: 10:30 h. Jesús Domínguez A Rosa, Presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155. 12:00 h. María Cristina Liras Llorente, vogal da Plataforma Vítimas Alvia 04155. 17:00 h. María Concepción Díaz Andrés, Vogal da Asociación de Prexudicados polo Accidente. 18:30 h. Elena Moreno González para informar en relación co obxecto da Comisión.
Asistirei tamén ao Pleno do Congreso dos Deputados que se reunirá o martes ás 16:00 horas en sesión extraordinaria para elixir aos 4 membros do Consello de Administración da Corporación de RTVE tras non alcanzar as maiorías necesarias no Senado. No caso de que a votación resulte favorable, procederase tamén á elección do presidente do Consello.
Participarei o mércores desde as 10:30 h. e 16:00 h. na Comisión de Investigación do accidente ferroviario ocorrido en Santiago, na que terán lugar as seguintes comparecencias: Manuel Salvador Román. 12:00 h. Carmen Jiménez Berrocal, Directora da Oficina de Atención a Vícitmas de RENFE. 16:00 h. Francisco José Garzón Amo, maquinista do tren sinistrado. 17:30 h. Antonio Martín Marugón, Interventor do tren sinistrado, para informar en relación co obxecto da Comisión
O xoves presidirei a Comisión de Fomento do Congreso na que a comparecerá o novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, a petición propia e de varios Grupos Parlamentarios, para informar sobre as liñas xerais da política do seu Departamento.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.