O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro
rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2018.
Son os
seguintes:
Ourense:
Baixa o
paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en - 430 persoas, un -
2,17 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 2.370 persoas saíron en
Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do –
10,90 %.
O
numero de parados queda fixado en 19.375, deles 8.178 son homes e 11.197
mulleres, 18.349 son maiores de 25 anos e 1.026 menores.
Por
sectores, 986 son da agricultura, 2.356 da industria, 1.713 da construción,
12.342 nos servizos e 1.978 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia baixou en xuño en 6.631 persoas con respecto a
maio (un – 3,75 %).
O número
de parados queda en 170.065, deles 71.805 son homes e 98.260 mulleres, 162.294
son maiores de 25 anos e 7.771 menores.
O descenso no paro supón o maior producido desde 1999 e con estes datos encadéanse 5 anos consecutivos nos que o paro baixa nun mes de xuño. Ademais, a Comunidade autónoma xa leva catros anos e medio nos que o desemprego descende de xeito consecutivo.
A Comunidade galega, ademais, conta no primeiro semestre deste ano con 15.000 desempregados menos, polo que, de manterse esta tendencia, superarase o obxectivo fixado polo Goberno galego na Axenda 20: reducir o paro en 20.000 persoas ao ano.
A calidade no emprego tamén continúa mellorando. No último ano a contratación indefinida medrou un 14,80% fronte a un descenso na temporal. A tempo completo tamén subiu, un 2%, fronte a unha caída da contratación a tempo parcial. En xeral, as contratacións en Galicia aumentan mentres que na media do Estado caen.
O desemprego, así mesmo, descendeu nas principais variables neste último ano: caeu nas catro provincias e nas sete grandes cidades; en todos os sectores de actividade; nos menores de 30 anos (-12,34%); nas mulleres (-7,93%); e nos parados de longa duración (-8,17%), polo que 2 de cada 5 desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses pertencían a este colectivo.
Con respecto aos sectores, liderou o descenso a construción (-20,57%), seguido da agricultura e pesca (-12,77%) e da industria (-12,71%). En canto ás provincias, onde máis baixou foi na de Lugo (-12,61%) seguida de Pontevedra (-11,81%), de Ourense (-10,90%) e da Coruña (-8,11%).
A nivel
interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 19.600 persoas saíron
das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,33
%.
España:
O número
de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en
xuño en 89.968 persoas en relación co mes anterior. En termos desestacionalizados o paro descendeu en
15.865 persoas.
Respecto
de xuño de 2017 o paro reduciuse 200.649 persoas, o que sitúa o seu nivel de
redución interanual no 5,97%.
Así, a
cifra total de parados rexistrados é de 3.162.162, a máis baixa desde decembro
de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en febreiro de 2013, o paro
reduciuse en 1.960.060 persoas, pero este descenso segue sendo ao redor de sete
puntos por baixo de niveis precrisis.O
desemprego masculino sitúase en 1.295.352 persoas, ao baixar en 51.788, e o
feminino en 1.866.810, ao reducirse en 38.180 persoas respecto ao mes de maio.
Se o comparamos con xuño de 2017, o desemprego masculino baixa en 128.382
persoas e o feminino descende en 72.267.
O paro
rexistrado ha baixado en todas as
comunidades autónomas, entre as que destacan: Cataluña (-15.376), Andalucía
(-10.493) e a Comunidad de Madrid (-9.713).
Por
sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado
reduciuse en catro: en Servizos 66.698, en Construción 9.407, en Industria en
9.123 e en colectivo de persoas sen emprego anterior en 7.313. Pola contra
aumentou en Agricultura e Pesca en 2.573 persoas.
A
contratación indefinida creceu un 16%
interanualmente
En xuño de 2018 rexistráronse 192.972
contratos de traballo de carácter indefinido, o que supón un incremento do
15,93%, 26.510 contratos máis sobre o mesmo mes do ano anterior. En canto a
duración da xornada, 113.690 son a tempo completo e 79.282 a tempo parcial.
O número total de contratos rexistrados
durante o mes de xuño foi de 2.055.762,
representa un descenso de 33.758
(-1,62%) sobre o mesmo mes do ano 2017.
Pola súa banda, a contratación acumulada nos
seis primeiros meses de 2018 ascendeu a 10.829.878, o que supón 289.420
contratos máis, un 2,75% que en igual período do ano anterior.
Os contratos indefinidos do mes de xuño
divídense, en canto á duración da súa xornada, en 113.690 a tempo completo e
79.282 a tempo parcial.
En termos acumulados, os contratos indefinidos
a tempo completo alcanzan nos seis primeiros meses un total de 666.788, un
16,54% máis que en igual período do ano 2017. E os contratos a tempo parcial
supoñen un total de 456.621, un 16,28% máis en igual período do ano anterior.
O resto de contratos, ata completar o total de
2.055.762 do mes de xuño de 2018, son 15.974 de carácter formativo e 1.846.816
outro tipo de contratos temporais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.