Mantiven esta mañá unha reunión de traballo no Ministerio de Fomento co novo Director General de Carreteras, Francisco Javier Herrero Lizano.
Falei dos proxectos de estradas que afectan á provincia de Ourense.
• Variante de Ourense, no tramo entre Eirasvedras e Quintela: Solicitei que anuncie xa o Ministerio a conclusión do proxecto de construción do citado tramo e que previa supervisión procédase á súa licitación antes de que finalice 2018.
• Conexión da N-120 e a N-536 no Barco de Valdeorras: Solicitei que xa que ten todos os trámites cumpridos e orzamento de 3,00 M€ procédase á licitación das obras desta circunvalación antes de que finalice 2018.
• Autovía A-76 Ponferrada – Ourense, tramo entre A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras. Tendo en conta que o 10 de maio de 2018 o BOE publicou o anuncio de aprobación do expediente de Información Pública e que os PGE de 2018 contemplan unha partida de 3,00 M€, solicitei que se completará o proxecto e unha vez aprobado licítense as obras.
Viaduto de Éntoma na N-120 |
• Autovía A-56 Ourense-Lugo: Lembrei a visita que o 28 de maio de 2018 fixeron alcaldes e empresarios interesados nesta estrada, ao Ministerio de Fomento para falar da necesidade de impulsar as obras en curso do tramo entre Sanmartiño e A Barrela e impulsar as obras doutros tramos. Solicitei que se intensificase o ritmo das obras para as que nos PGE-2018 hai unha consignación de 10,76 M€ e así se cumpra o obxectivo de acabalas a mediados de 2019. E demandei seguir avanzando nos proxectos dos demais tramos da A-56 ata Cambeo e en Lugo, ademais do impulsar o proxecto do intercambiador de Guntín, actualizar todos os demais proxectos á normativa de estradas nos que sexa necesario. Tamén pedín que se programe unha nova reunión para setembro de 2018 coa finalidade de repasar a evolución desta estrada.
• Tamén lle falei da necesidade de actuar na mellora da Seguridade Viaria na intersección de Ribela N-525, pk. 244,36 en Coles, onde está proxectado un paso subterráneo para o que se contemplan nos PGE 2018 unha partida de 500.000 €.
• E pedinlle que se execute a remodelación da ligazón da N-120 na Rúa de Valdeorras, para os que os PGE de 2018 contemplan unha partida de 500.000 €.
O Sr. Herrero recibiu o documento con estas peticións e comprometeuse a estudalo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.