Salientar que onte Infraestruturas de Portugal firmó el contrato
de electrificación do tramo da Liña do
Miño entre Viana do Castelo e Valença,
nunha cerimonia que contou coa presenza do Ministro da Planificación e das Infraestruturas
Pedro Marques, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes e do
Vicepresidente da IP, Carlos Fernandes.
Trátase
dun investimento por valor de cerca de 18 millóns de euros, que comprende,
entre outros, os seguintes traballos:
Instalación
de catenária
Alteamento
das plataformas de pasaxeiros
Execución
de dúas estacións técnicas de 750 m para trens de mercadorías
Rebaixe
da vía férrea, para permitir a electrificación,
nos Túneles de Seixas e Gondarém
Estabilización
de taludes, traballos nos terraplens, drenaxe e estruturas de soporte e
contención
O contrato
que agora se inicia no treito Viana do Castelo - Valença, con cerca 49 Km, integra o proxecto
de modernización da Liña do Miño, que
Infraestruturas de Portugal está a desenvolver no ámbito do plano de
investimentos na Rede Ferroviaria Nacional –
Ferrovia 2020.
A concreción destes investimentos van dotar a
Liña do Miño dun nivel de servizo superior, con mellores niveis de seguridade,
eficiencia e competitividade do sistema ferroviario.
A
presente acción integra a candidatura sometida no ámbito do COMPITE 2020, coa
designación “Liña do Miño - Modernización do treito Viana do Castelo - Valença, referente á cal se prevé un
financiamento comunitario do 85%.
Neste acto estivo presente a conselleira
de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que avogou por poder acompasar a
modernización da liña ferroviaria entre as cidades portuguesas de Porto e
Valença coa electrificación do treito pendente de mellora en Galicia, entre Tui
e Guillarei, e o impulso da saída sur de Vigo.
A conselleira trasladou a satisfacción do Goberno galego por
este impulso á mellora do treito portugués desta liña ferroviaria e lembrou a
demanda que a Xunta mantén activa desde hai anos para que, desde o Ministerio
de Fomento, se impulsen as melloras necesarias no percorrido galego.
Nese sentido, Ethel Vázquez salientou a importancia estratéxica
que ten para Galicia o obxectivo marcado de acadar que o tempo de viaxe entre
Vigo e Porto quede no entorno dos 90 minutos.
A conselleira de
Infraestruturas lembrou que esa preocupación da Xunta motivou que os
Presupostos Xerais do Estado incluísen a partida necesaria para impulsar a
electrificación do treito pendente entre Tui e Guillarei. Así mesmo, demandou
que se produzan avances na planificación técnica que debe definir a saída sur
de Vigo, “unha actuación complexa pero necesaria” na que considerou necesario
dar pasos adiante.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.