Son os seguintes:
Ourense:
A nivel interanual, isto é, con
respecto a xullo do ano pasado, 1.962 persoas saíron en Ourense das listas do
paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,48 %.
O numero de parados queda fixado
en 18.740, deles 7.745 son homes e 10.995 mulleres, 17.746 son maiores de 25
anos e 994 menores.
Por sectores, 847 son da agricultura,
2.252 da industria, 1.696 da construción, 12.049 nos servizos e 1.986 do
colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de
Galicia baixou en xullo en 6.653 persoas con respecto a xuño (un –
3,91 %).
O número de parados queda en
163.412, a menor cifra desde setembro de 2008. Deles 68.076 son homes e
95.334 mulleres, 156.053 son maiores de
25 anos e 7.359 menores.
Galicia é
a comunidade na que máis baixa o paro e superamos o ritmo de caída do paro de
España tanto na evolución mensual como na anual.
Hoxe
temos 18.459
parados menos que hai un ano(-10,15 %)
Soben a contratación indefinida e a contratación a tempo completo.
Soben a contratación indefinida e a contratación a tempo completo.
De
manterse esta tendencia superarase o obxectivo da Axenda 20 de reducir o paro en 20.000 persoas ao ano.
España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego baixou en xullo en
27.141 persoas en relación co
mes anterior. En termos desestacionalizados, o paro descendeu en 12.183 persoas.
Respecto de xullo de 2017 o paro reduciuse en 200.903 persoas, o que sitúa o seu nivel de redución
interanual no 6,02%.
Así, a cifra total de parados
rexistrados é de 3.135.021, a máis
baixa desde
decembro de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en febrero de 2013 (5.040.222), o paro reduciuse en 1.905.201 persoas. Os parados de longa
duración, os que levan dous ou máis
anos en
situación de desemprego, alcanzan as 1.152.154 persoas.
O desemprego masculino sitúase en
1.279.579 persoas, ao baixar
en 15.773, e o feminino en 1.855.442, ao
reducirse en 11.368 persoas respecto ao mes de xuño. Se o comparamos con xullo de 2017, o desemprego masculino baixa en
128.059 persoas, un 9,10%, e o
feminino descende en 72.844, cunha caída interanual do 3,78%.
Redúcese tamén o desemprego dos
mozos menores de 25 anos en
2.523 persoas
en relación co mes anterior. Así
mesmo descende en 24.618 entre os que teñen 25 e máis anos.
O paro rexistrado ten baixado en 14 comunidades autónomas e faio principalmente en números absolutos en Galicia (-6.653), Andalucía (-5.534) e Castela-A Mancha (-2.818). Sobe, con todo, nas tres restantes, Illes
Balears (656), País Vasco (572) e Navarra (515).
Por sectores económicos de
procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en todos: en
Servizos, 16.179; en
Industria, 4.172; en Construción, 2.650; en Agricultura e Pesca, 571; e no colectivo de persoas sen emprego
anterior, en 3.569.
O número total de contratos
rexistrados durante o mes de xullo foi de 2.086.655, o que representa un incremento de 158.016 (8,19%) sobre o mesmo mes do ano 2017.
Pola súa banda, a contratación
acumulada nos sete primeiros meses de
2018 ascendeu
a 12.916.533, o que supón 447.436
contratos máis, un 3,59% que en igual período do ano anterior.
Encadéanse 54 meses de aumentos
na contratación indefinida.
En xullo de 2018 rexistráronse
190.151 contratos de traballo de
carácter indefinido, o que supón o maior número de contratos indefinidos de toda a serie histórica. Un incremento
do 25,10%, con respecto a
xullo de 2017. Encadéanse así 54 meses
de aumentos na contratación indefinida.
En canto a duración da xornada, 113.954 son a tempo
completo e 76.197 a tempo parcial.
En termos acumulados, os
contratos indefinidos a tempo completo alcanzan nos sete primeiros meses un total de 780.742, un 17,55% máis que en igual período do ano 2017. E
os contratos indefinidos a tempo
parcial supoñen un total de 532.818, cun aumento do 17,71% en relación a igualperíodo
do ano anterior.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.