Asisto
hoxe a A XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro, na que foi exaltado o
cultivo da vide que xera unha importante riqueza na comarca, cun completo programa
de actividades. Esta celebración naceu no ano 1963 como un proxecto promocional
do Viño do Ribeiro composto por diversas accións.
A Festa da Vendima de Leiro é "un
acto que pecha as actividades festivas da nosa comarca, sendo o último acto de
exaltación do noso produto estrela, o viño do Ribeiro", sinalou o alcalde
de Leiro. Así mesmo, Francisco José Fernández explicou que esta celebración
pretende "exaltar os labores agrícolas e de adega que se realizan para ao
final conuseguir o viño do Ribeiro".
O programa de actividades comezou
ás 10.00 horas coa recepción de Acios ao concurso, para continuar ás 11.30
horas coa recepción a autoridades e convidados na Casa do Concello. Ás 12.00
horas tivo lugar a lectura do pregón que nesta edición correu a cargo de Marcos
Pereiro, de "Mucha e Nucha", na praza do Cruceiro.
O tradicional
desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da
Feira tivo lugar ás 12.30 horas, e a esa mesma hora, tivo lugar a segunda
edición de coches clásicos. Ás 14.00 horas comezaron as actividades instaladas
no Salgueiral co XV Mercado Artesanal no que participaron"26 artesáns e tamén
se celebrou a primeira Mostra dos Viños de Leiro, continuando ás 14.30 horas co
xantar popular.
A
Mostra dos Viños de Leiro foi unha das novidades deste ano que pretende
rememorar o feito de que a primeira acción cooperativista de Galicia naceu en
Leiro e para exaltar as bodegas que temos no municipio", explicou o
alcalde de Leiro, quen dixo que "participarán 8 bodegas incluíndo as dúas
cooperativas porque hai viticultores de Leiro que suministran uva a estas
cooperativas".
A entrega de premios aos gañadores dos
concursos de Acios e Carrozas tivo lugar ás 16.30 horas e despois da entrega de
premios houbo actividades infantís e continuou a festa no Salgueiral. O deporte
chegará ás 17.45 horas coa celebración do partido de presentación do C.F. Leiro
contra o C.F. Cortegada. Ás 20.00 horas será a quenda para a música co concerto
de Corais da Vendima e ás 21.00 horas tamén haberá unha actuación musical como
peche das actividades da xornada.