Nunha
entrada do 13 de febreiro de 2015 daba conta neste blog, de que ese día tiña
asistido a un acto presidido pola ministra de Fomento, Ana
Pastor, consistente na proba de carga do Viaduto do Ulla, que
constituía a actuación de maior importancia do Eixo Atlántico de Alta Velocidade
Ferroviaria.
Pois
ben tres anos e medio despois, estiven ao pé deste maxestuosa obra de enxeñería,
un símbolo das comunicacións en Galicia, ao servir de nexo de unión entre o
norte e o sur desta comunidade e a porta de entrada ferroviaria a través de
Portugal.
Unha infraestrutura representativa pola súa complexidade técnica e pola súa singularidade. Cos seus 240 metros de lonxitude máxima entre pilas, constitúe un récord mundial de luz (anchura entre pilas) neste tipo de pontes.
Ten
unha lonxitude de 1.690 metros, dos que a práctica totalidade (96%), 1.620
metros, corresponden ao viaduto en si.
Un pracer estar á beira deste proxecto xa realizado que
conseguiu coidado integrar a estrutura nunha contorna natural de extraordinaria
beleza.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.