A primeiros deste mes divulgaba a Xunta unha nova importante da
que fágome eco neste blog, pola súa importancia para os milleiros de usuarios da sanidade da nosa provincia-
É que no vindeiro mes de setembro, o
Hospital Universitario de Ourense estreará a súa segunda Resonancia Magnética
Nuclear (RMN), equipo diagnóstico de última xeración, no que o Servizo Galego
de Saúde investiu un total de 1.451.886,54 euros.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que
esta equipación de alta tecnoloxía permitirá asumir a practica totalidade de
estudos que se solicitan no centro e acceder a novas técnicas diagnósticas, así
como duplicar a capacidade de realización de resonancias.
O
pasado ano 2017, realizáronse 17.132 estudios de RMN solicitados desde os
distintos servizos do hospital e desde os centros de atención primaria de
Ourense. A maioría de carácter ambulatorio (9.853 probas) e o resto a pacientes
ingresados.
Da
inversión total de 1,4 millóns de euros, 618.781,61 euros corresponden as obras
de adaptación actualmente en marcha, adxudicadas a Construccións Orega S.L.,
que teñen por obxectivo ampliar e remodelar á unidade de radiodiagnóstico, para
instalar o novo equipo, asi como reordenar espazos, fluxos e circulación de
pacientes, mellorando seu acceso interno e desde o exterior do hospital.
Pola
súa parte, a nova resonancia (RMN) é un equipo Philips Ingenia de 1.5 teslas
CX, adquirido polo Servizo Galego de Saúde mediante o Contrato
Socio-Tecnolóxico, o que supón un investimento de 833.104,23€ que permitirá
reducir o tempo de inmobilización do paciente, para realizar o estudo, así como
acceder a unha imaxe de alta resolución, mediante un proceso totalmente
dixitalizado, de captación e transferencia da imaxe por banda ancha, plenamente
integrado na historia clínica electrónica do Sergas.
Novas técnicas diagnósticas
O
novo equipo de alta tecnoloxía conta con bobinas dixitais que abarcan tódalas
aplicacións clínicas avanzadas, garantindo máxima calidade de imaxe. A
principal vantaxe do novo equipo é que permitirá acceder a novas técnicas
diagnósticas, xa que dispón de bobinas específicas para a realización de
estudos de cabeza, neurovasculares, de columna completa, cabeza-cuello-columna;
pulso-cóbado; torso, ombro ou xeonllo e mama. Esta última é especialmente
salientable, xa que permitirá realizar directamente en Ourense estudos
bilaterais de mama por RMN.
Este
novo equipamento avanzado, ata agora so dispoñibles en hospitais oncolóxicos ou
de referencia, permitirá aos profesionais da Unidade de Mama de Ourense,
acceder a novas técnicas diagnósticas, como as biopsias de mama guiadas por
resonancia magnética.
Obras para ampliar espazo e accesibilidade
Unha
vez rematadas as obras para acoller a nova sala de resonancia, a unidade
contará con 540,90 metros cadrados, duplicando o espazo dispoñible ata agora.
Contará con dous puntos de acceso interno e externo, ademais dunha nova área de
recepción e espera, que contará con acceso directo a zona de aseos para
pacientes ambulatorios.
Ademais,
a reforma permitirá contar con acceso directo ás cabinas, desde a sala de
espera, limitando ao mínimo as circulación de pacientes ingresados, e ampliar as
áreas de preparación de pacientes e acceso con camas, para ingresados. Xunto a
elo a sala de informes resituarase no centro da unidade, facilitando os acceso
dos profesionais ás dúas salas de resonancia. Os traballos tamén permitirán
dotar con luz natural os espazos, mediante a cobertura dun patio interior que
terá nova utilidade.