Participo hoxe no faladoiro do
Programa Voces de Galicia, que modera en Radio Voz, Antía Díaz. Nesta
ocasión estivo tamén o concelleiro coruñés Pepe García.
Falamos en primeiro lugar do
recente anuncio do executivo de Pedro Sánchez, no Consejo de Política Fiscal y
Financiera de asumir a débeda financeira xerada pola Copa de
América e a a Fórmula 1 no porto de Valencia e a discriminación cos portos
galegos en relación coas cargas económicas xeradas por acometer investimentos
en infraestruturas loxísticas ou portuarias.
Dixen compartir co Grupo
Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia, unha iniciativa encamiñada a
que a Xunta esixa do Goberno do Estado unha igualdade de trato e consideración
entre as diferentes autoridades portuarias galegas en relación á de Valencia,
nos termos relativos ao financiamento e asunción das débedas contraídas pola
acometida de infraestruturas necesarias para a súa operatividade e
competitividade.
Unha iniciativa na que nomean as
dúas grandes infraestruturas dos portos exteriores de Punta Langosteira e
Caneliñas, ás que se uniron outras como o acceso ferroviario ao peirao de
Vilagarcía, as melloras de operatividade para contedores en Marín ou a rampa,
silo para automóbiles e a mellora do atraque de cruceiros en Vigo.Falei de que estas apostas e
custes asumidos polas autoridades portuarias realizáronse no marco dunhas
regras sempre manifestadas polos distintos gobernos de España en condicións
idénticas e sen condonar a débeda a ningún porto de interese xeral.
Dixen que esta iniciativa de
reclamar un trato igualitario, tamén é compartida por outras forzas políticas
como En Marea, O BNG e algún dirixente socialista, e que non resulta admisible
o posicionamento do PS de G contrario a reivindicar un trato igualitario.
Fronte as críticas de Pepe García á xestión do
presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, lembreille
a recente adxudicación do proxecto de ampliación do peirao
Langosteira para atender a
crecente demanda dos clientes
que se van trasladando desde o porto interior, así como de novos operadores, cuxa
actividade de maneira
exponencial os tráficos en Punta Langosteira,
cunha previsión de
crecemento continuo no futuro.
Citei a aprobación das contas
anuais da Autoridade Portuaria e aplicación
de resultados correspondentes ao exercicio
de 2017. Alcanzouse a cifra de
negocio máis alta na historia do organismo público, cun total de 30,36 millóns de euros, o que
supón un incremento
do 9,8% respecto ao exercicio
de 2016. Cifras positivas que se vinculan ao aumento da actividade portuaria rexistrado en 2017 xa
que se superaron por
primeira vez os
15 millóns de toneladas de mercadoría,
un 9% máis que o ano anterior.
Falei tamén do Protocolo xeral de actuación subscrito entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de
Galicia, Portos do Estado e a
Autoridade portuaria da
Coruña, no que se recolle que a ligazón
ferroviaria do
porto exterior será licitado ao longo
do primeiro semestre de 2019, con cargo aos orzamentos
de Adif e de Portos do Estado.
O protocolo recolle tamén o compromiso da Xunta de Galicia de dedicar un máximo de 20 millóns de euros á adquisición de dereitos nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, satisfacendo así as necesidades do Porto de A Coruña para abordar no curto prazo o financiamento do porto exterior, á vez que se garante a titularidade pública dos terreos.
O protocolo recolle tamén o compromiso da Xunta de Galicia de dedicar un máximo de 20 millóns de euros á adquisición de dereitos nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, satisfacendo así as necesidades do Porto de A Coruña para abordar no curto prazo o financiamento do porto exterior, á vez que se garante a titularidade pública dos terreos.