Participo
esta mañá - desde Ourense e vía telefónica - no faladoiro radiofónico do programa Voces de Galicia de Radio Voz
que dirixe Antía Díaz Leal e na que interveu tamén Pepe Lorenzo.
Falamos
en primeiro lugar da noticia que hoxe publica o diario La Voz de Galicia sobre
que "a piques de cumprirse dez anos desde o estalido da crise financeira
internacional, o mercado laboral aínda non se recuperou da crise global que se
desatou a continuación provocou nas economías de todo o mundo. E en concreto
que a recuperación do emprego en Galicia
vai máis lenta."
En primeiro
lugar – para centrar a cuestión - fixen unha breve comparación entre o que
ocorría en 2011 cando chegou o PP ao goberno e o que ocorre agora.
En 2011
a economía española acumulaba tres anos sen crecemento e a actividade caía un
1%. En 2017 a nosa economía encadeaba catro anos de crecemento, e tres anos
crecendo por encima do 3%, o último ao 3,1%.
En 2011
destruíronse 521.900 postos de traballo, o que supoñía perder 1.430 empregos ao
día. En 2017 creáronse 490.300 postos de traballo, é dicir, creáronse 1.340
empregos ao día.
En 2011
o déficit das Administracións Públicas superaba o 9,6% do PIB. En 2017 o
déficit foi do 3,1%, polo que se reduciu en dous terzos.
Exposto
o anterior aludín aos últimos datos de afiliación á seguridade de xullo de
2018.
A
afiliación media á Seguridade Social alcanzou no conxunto de España 19.042.810
ocupados en xullo, a maior cifra global do últimos dez anos. Hai que remontarse
ata agosto de 2008 para atopar un dato superior ao rexistrado este último mes
(19.137.556).
O número medio de afiliados en Galicia á Seguridade Social
situouse o pasado xullo en 1.021.545 ocupados, cifra que supuxo un aumento
de 15.046 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (1,49 %). Unha cifra que non se alcanzaba desde xullo de 2011, hai 7
anos.
A Comunidade
galega segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,50
%, é dicir, 24.947 máis. É a maior subida
dende 2007.
Falei do último
dato de parados rexistrados nas oficinas
dos Servizos Públicos de Emprego en xullo que acreditan en España que a cifra total de parados rexistrados é de 3.135.021, a máis
baixa desde decembro de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en
febrero de 2013 (5.040.222), o paro reduciuse en 1.905.201 persoas.
E dín o dato de que o paro rexistrado de Galicia baixou
en xullo en 6.653 persoas con respecto a xuño (un – 3,91 %).
O número de parados queda en 163.412, a menor cifra desde
setembro de 2008.
Dixen que estos datos obxectivos levan ao optimismo, pero hai
que recoñecer que queda moito camiño por avanzar para que haxa máis ocupados e
un traballo de maís calidade.
Lembrei tamén o indicador da Enquisa
de Poboación Activa (EPA) correspondente ao segundo trimestre de 2018
que evidencia que Galicia contaba
con 175.000 parados (26.500 menos que hai un ano).E con 1.075.800 ocupados,
26.900 máis que hai un ano.
A taxa de paro
sitúase nun 13,99 %, 2,12 puntos menos que hai un
ano, baixando nas catro provincias e continúa sendo inferior á España en 1,29
puntos. (Galicia: 13,99; España: 15,28).
Falei de que Galicia é unha das
Comunidades donde é máis evidente a recuperación económica e que iso está
permitindo incrementar os orzamentos autonómicas e adicar máis recursos para as
políticas sociais.
Citei como exemplo que o orzamento total de 414 millóns para
maiores e discapacitados para este ano pon de manifesto que a achega para esta
área medrou un 50% nestes nove anos o que fai posible que hoxe en Galicia haxa
máis de 57.000 persoas con dependencia atendidas.
Antía, quixo logo
que falásemos do afundimento do peirao onde se celebrou o 12 de agosto o
concerto de clausura de O Marisquiño.
Comentei a nota informativa difundida onte pola Autoridade Portuaria de
Vigo.
Nela exprésase que
o espazo (unha superficie de aproximadamente 700 m2 do paseo marítimo das Avenidas) é de
titularidade portuaria, e que a autorización e vixilancia dun evento destas
características corresponde ao Concello de Vigo, de acordo coa Lei 10/2017, do
27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Unha
normativa, que recolle no seu artigo 5 as “Competencias municipais”.
E lembra que existe
un convenio de colaboración subscrito no ano 1992 entre o Concello de Vigo, o
Consorcio da Zona Franca e o Porto que establece que “O Concello se compromete,
durante os cincuenta anos de vixencia deste convenio, ao mantemento de toda a
actuación en perfecto estado de conservación, ben cos seus propios medios ou
ben coa oportuna contratación de obras e servizos”.
Dixen que confiaba
na actuación do instrutor xudicial que na súa independente actividade
investigadora ten capacidade para reclamar documentación, recibir declaracións,
acordar probas periciais, etc.
Dixen que a
gravidade do acontecido esixe que se esclarezan os feitos e a responsabilidade que nos mesmos puidese ter
a empresa organizadora do concerto do Festival O Marisquiño e o Concello de Vigo.
Dixen que chama a atención que o alcalde Abel Caballero,
tan protagonista de todo o que acontece
na cidade, neste asunto
non teña máis que
dicir e máis explicacións que dar. Conviría que
ensinara os infórmes que avalan que a licenza municipal se otorgou en
condicións de absoluta legalidade
e que se cumpriron todas as
esixencias en materia de
seguridade.