viernes, 3 de agosto de 2018

Aprobada a licitación de actuacións complementarias no tramo Taboadela-Ourense

Seguen as boas noticias para as obras de acceso ferroviario en alta velocidade a cidade de Ourense. 

Viaduto sobre o río Miño
Adif Alta Velocidade informa hoxe que aprobou a licitación de actuacións complementarias no tramo Taboadela-Ourense, sobre a plataforma ferroviaria existente, por importe de 9.827.817,38 euros (IVE incluído). 

Estas obras forman parte do proxecto de implantación do ancho mixto no tramo, que permitirá a circulación entre Taboadela e a entrada na estación de Ourense tanto dos futuros tráficos en ancho internacional da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia como dos tráficos que actualmente soporta en ancho ibérico, tanto de viaxeiros como de mercadorías.

O contrato contempla fundamentalmente  os seguintes traballos

- Estudo pormenorizado do viaduto sobre o río Miño, na capital ourensá, para a instalación da dobre vía prevista no proxecto e ás actuacións de reforzo e rehabilitación que permitan instalar corredores laterais de evacuación e a cimentación dos postes de electrificación.
Estación de San Francisco

- Reposición de 3 pasos superiores no tramo (demolición dos existentes e construción de 3 estruturas novas).

 - Implantación das medidas de protección acústica necesarias.

- Ampliación (en anchura e lonxitude) da actual plataforma da estación de Ourense San Francisco.

- Instalacións de protección civil (iluminación e sinalización) nos 4 túneles existentes no tramo.

- Cerramento da liña.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.