jueves, 9 de agosto de 2018

Visitando as obras da LAV no Ramal de conexión coa Liña Convencional en Taboadela


Como informaba noutra entrada deste Blogue, o BOE do 7 de abril de 2018 publicaba a Resolución da Entidade Pública Empresarial  Adif-Alta Velocidade, pola que se comunicaba a formalización do contrato do "proxecto de construción de plataforma. Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Tramo: Ramal de conexión coa Liña Convencional en Taboadela”.


O Orzamento base de licitación tivo un importe total de 7.291.389,11 euros.

Con data 26 de febreiro de 2018 adxudicouse a COMSA,   S.A.U. O importe ou canon de adxudicación total foi de 5.327.818,02 euros. O contrato formalizouse o 20 de marzo de 2018 e o prazo de execución previsto no prego é de doce meses.

Pois ben, na tarde de hoxe viaxei no meu coche ata este lugar e puiden comprobar persoalmente o estado das execución destas obras, que arrincan nas proximidades da estación de Taboadela

As miñas impresións, dunha persoa que evidentemente non é técnico, é que as obras levan un bo ritmo, a plataforma está moi avanzada e era moi notorio o tráfico continuo de camións movendo terra, así como operarios traballando en estruturas de aceiro.

Volverei dentro dun par de meses para ver como evolucionan as obras deste ramal que permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta, mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense.

Achego estas fotos: