Queda aproximadamente un mes para que
comece a vendima no ámbito territorial
dá Denominación de Orixe Ribeira Sacra que será diferente en función das
diferentes subzonas amparadas pola D.O.(Chantada, Amandi, Ribeiras do Miño,
Ribeiras do Sil e Quiroga-Bibei)
A D.O. Ribeira Sacra está orientada
fundamentalmente á produción de viños tintos, elaborándose tamén brancos moi
interesantes.
A variedade máis cultivada na Ribeira Sacra é a mencía, dando
lugar a viños de gran calidade, que salientan polos seus recendos limpos,
elegantes e intensos, a súa cor cereixa intensa, brillante e cun ribete
púrpura. Entre os viños brancos, cunha produción menor, destacan os que se
obteñen das variedades godello, albariño e treixadura.
A zona amparada para a produción deste
viño comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das
ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da de
Ourense.
O ano pasado afectaron as xeadas e a seca; este ano
afectaron os fungos - mildiu e botritis-
e tamén unha zona puntual con saraiba.
A pesar de todo, a previsión é dunha boa
colleita ao redor dos 6 millóns de quilogramos de uva.
Algúns viñedos de Sober, como os das fotografías amosaban hoxe mesmo un magnífico aspecto que anticipa unha excelente producción.
Agardemos que o clima acompañe e o resultado sexa o que merece o enorme traballo e adicación destes viticultores.
Recibirá resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.