Coñecimos onte a esperada e moi boa nova de que o ADIF-AV aprobou licitar o contrato de construcción da
nova estación de alta Velocidade e A Gudiña e que levará o nome de “Porta de
Galicia”, dentro da nosa liña de alta velocidade Madrid-Galicia
O presuposto de licitación é de 4.093.314 euros (IVA engadido) e conta cun prazo de execución de 8 meses.
As actuacións proxectadas inclúen a construción do
edificio de viaxeiros, a formación de plataformas e construción de marquesiñas
sobre estes, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con
elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e urbanización exterior, os
accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e a conexión co viario de
acceso. A estación terá acceso por medio da estrada OU-533.
Dentro das obras do proxecto de plataforma
ferroviaria onde se localiza a estación, xa se executou unha plataforma e un
paso inferior peonil. Co contrato presente, acondicionaranse os elementos xa
construídos e dotaráselles de elementos de seguridade.
Estou moi ledo con esta esperada nova que expresa a
continuidade do traballo que comezou hai moito tempo, como teño dado conta
neste Blog en diversos anos.
13.10.2014 |
Lembro agora a visita da ministra de fomento Ana
Pastor o día 13 de octubre de 2014 as obras do tramo la LAV entre os túneles do Espiño-A Canda-Vilavella. Nela
estivo tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o Secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez Pomar e o presidente da Deputación Manuel Baltar e outras autoridades. E quen firma esta entrada.
Entre os elementos singulares do tramo visitado destacaban os túneles bitubos do Espiño e de Vilavella, de 15,8 e 7,6 km respectivamente de lonxitude, así como a explanada na que se situaría a estación de Porta de Galicia
Naquela entrada dicía que “O subtramo Túnel do
Canizo vía dereita, nas inmediacións da Gudiña, inclúe o túnel para vía
única de alta velocidade correspondente ao tubo dereito e a explanación de
ambas as dúas vías (esquerda e dereita) necesaria para albergar a plataforma e
plataformas da estación de Porta de Galicia.
Ademais do túnel do Canizo (vía dereita), este
subtramo, de 6,6 km de lonxitude, presenta como estrutura singular o
paso sobre a estrada OU-533 (22 m de lonxitude) no Concello da Gudiña.
Tamén conta cun paso superior e outro inferior para salvar outras vías de
comunicación.”
Salientar que nesa visita estaba o entón alcalde de
A Gudiña, Guillermo Lago, que desgrazadamente finou no ano 2016. Un
extraordinario alcalde que loitou denodadamente para que A Gudiña seguira contando
cunha estación de alta velocidade, de xeito que seguirá sendo a porta de
entrada ferroviaria a Galicia.
Tamén
saliento outra entrada deste blog de data 27 de marzo de 2017 que titulaba “A necesidade de construir a
nova estación ferroviaria de A Gudiña”.
Reseñaba
entón un interesante reportaxe do diario La Voz de Galicia, asinado por Pablo García titulado "As estacións rurais que traerá o AVE: a
súa razón de ser fronte á polémica" no que defendía a necesidade das estacións de Otero de Sanabria e da
Gudiña dentro da nova LAV a Galicia, fronte a persoas que ben por
desinformación ou por animadversión opóñense a que sexan construídas.
Dicía eu
entón que estaba plenamente de acordo e recomendaba a súa
lectura:
13.10.14 |
Eu pola
miña parte expresaba que esta actuación era imprescindible para dar servizo de
conexión con Madrid en alta velocidade a toda a comarca de Verín, das
poboacións do norte de Portugal e da comarca de Valdeorras. E afirmaba “estar
convencido de que como está proxectada será construída”.
Afortunadamente todo leva bo camiño; agora
agardemos a publicación no BOE da licitación, a adxudicación do contrato e ao
comezo das obras.
Parabéns a ADIF-AV, a todos aqueles que demandaron e apoiaron este proxecto como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, partidos políticos de diferente signo, colectivos sociais, medios de comunicación e sobre todo ao actual alcalde de A Gudiña José Lago que - recollendo o legado do seu pai Guillermo- tanto ten traballado para acadar esta licitación.
Recibirá resposta
Parabéns a ADIF-AV, a todos aqueles que demandaron e apoiaron este proxecto como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, partidos políticos de diferente signo, colectivos sociais, medios de comunicación e sobre todo ao actual alcalde de A Gudiña José Lago que - recollendo o legado do seu pai Guillermo- tanto ten traballado para acadar esta licitación.