Discrepamos absolutamente da súa exposición de motivos e por suposto da súa parte dispositiva e polo tanto síamos inmediatamente hoxe desde o PP de G cunha nota de prensa na que fixamos o noso posicionamento ao respecto:
O PPdeG amosa a súa oposición frontal á iniciativa do
grupo ‘Unidos Podemos, En Comú Podem, En Marea’ que tenta paralizar a chegada
do AVE a Galicia
·
Os deputados galegos no Congreso amosan o seu malestar e a súa frontal oposición á proposición non de lei, presentada onte polo grupo parlamentario confederal de Unidos Podemos, En Comú Podem e En Marea, na que piden a “aprobación de xeito urxente dunha moratoria na construción de novas liñas de AVE”, así como “o reformulamento das liñas de alta velocidade cara a liñas de altas prestacións”. Unhas propostas que supoñen unha ameaza e un intento de paralización da liña de alta velocidade a Galicia que está aínda en fase de construción.

O deputado popular considera sumamente inxusto e insolidario que se tente
privar a Galicia dun servizo do que outras comunidades gozan desde hai décadas.
E é que, tal e como puxo de manifesto, resulta escandaloso que catro dos cinco
asinantes da iniciativa –deputados por Alacante, Sevilla, Tarragona e Málaga- que
contan coa alta velocidade nos seus territorios e que reciben os beneficios
desta infraestrutura, pretendan privar dela aos que viven en territorios nos
que aínda falta.
Celso Delgado, que cualifica esta iniciativa como un novo agravio a
Galicia, avanza xa o voto en contra do seu grupo no Congreso. Neste senso,
insta a En Marea, que está integrada neste Grupo Confederal, a que aclare
publicamente se aplaude esta afronta á nosa comunidade.
Do mesmo xeito, Celso Delgado agarda que o PSdeG defenda con valentía os
intereses de Galicia e lle esixa a Pedro Sánchez que non ceda ante os seus
socios de goberno para manterse no poder paralizando a chegada do AVE a Galicia
nin rebaixando as prestacións da citada LAV.
O deputado popular no Congreso salientou que o PPdeG, ao igual que manifestou
que non pode haber portos de primeira e de segunda, defende que, con respecto á
alta velocidade, tampouco pode haber territorios de primeira e de segunda.
Recibirá resposta