Publica hoxe o BOE o anuncio de formalización dun contrato da Dirección Xeral de Estradas, cuxo obxecto é a rehabilitación do firme na estrada N-525 entre os pp. kk. 210+200 ao 217+000. T. M Allariz. Estrada N-525 pp. kk 210+200 ao 217+000. Tramo: Alto Sandiás-Allariz.
Foi adxudicado o 8 de agosto de 2018 á empresa Obras, Camiños e Asfaltos S.A. O valor da oferta seleccionada foi de 441.122,77 euros.
Lembrar que o
21 de decembro de 2017 o BOE publicaba o anuncio de licitación da Dirección
General de Carreteras do Ministerio de Fomento, que tiña por obxecto a
rehabilitación do firme dese tramo da estrada N-525. O orzamento base de licitación tiña un importe neto de
698.753,00 euros e un importe total: 845.491,13 euros. E o prazo de execución/entrega era de 2 meses.
As obras
consisten na rehabilitación do firme en 6,8 km de calzada. As actuacións
proxectadas consisten fundamentalmente no fresado, na profundidade necesaria en cada caso, e posterior reposición do firme con mesturas bituminosas en quente.
Unha vez executados os traballos de renovación do pavimento, procederase ao repintado das marcas viarias.
Sen dúbida
unha boa noticia que estas obras- reclamadas desde moitas instancias e tamén por este deputado - licitadas polo Partido Popular, sexan finalmente executadas, pois a rede nacional de estradas da nosa provincia precisa dun axeitado
mantemento e dunha boa conservación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.