Acompaño onte ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a varios dos seus concelleiros nun acto no que a Asociación de Veciños de O Peliquín celebraban inaugurárona hai un ano do seu novo local. Unhas instalacións que por certo non coñecía e que me pareceron moi amplas e ben equipadas.
O coro de maiores da Universidade amenizou o acto, cantando cinco pezas con gran calidade.
Parabéns a Ricardo Vázquez, o seu presidente, e a todos os demais membros da xunta directiva polo traballo meritorio que veñen desenvolvendo.