Hoxe os deputados galegos populares no
Congreso difundimos unha nota de prensa na que damos conta da presentación dunha Proposición non de lei para debatir na Comisión de Fomento na que urximos ao Goberno central a rebaixar as peaxes pactadas e a
acometer canto antes as melloras prometidas na AP-9.
“Despois dunha etapa de Gobernos de
España populares que souberon impulsar esta infraestrutura vital para Galicia
–coa ampliación da ponte de Rande ou a circunvalación de Santiago-, o PPdeG considera
un posible paso atrás inasumible para Galicia a actitude do novo Executivo.
Neste senso afirman que a chegada de Sánchez
a Moncloa supuxo que se desvíase o foco de atención das infraestruturas galegas
de cara a outros territorios. Deste xeito, ás dúbidas sembradas sobre a alta velocidade
que conecta Galicia coa Meseta, súmase a paralización das melloras da AP-9
comprometidas.
Para os populares galegos a actitude do
Executivo actual parece estar facéndolle o xogo a partidos como Ciudadanos ou
Podemos, que teñen reiterado a súa postura en contra das infraestruturas
galegas. Por iso, advirten de que non permitirán que a AP-9 sexa o enésimo campo
de batalla no que o Executivo de Pedro Sánchez choque cos intereses dos galegos.
PNL PARA REACTIVAR A AP-9
Por todo isto, o Grupo Parlamentario
Popular ven de rexistrar unha proposición non de lei na Comisión de Fomento
impulsada polos deputados galegos, que insta ao Goberno a expresar o seu
compromiso de que as novas obras acometidas en relación a esta autoestrada
sexan financiadas con cargo á empresa concesionaria ou aos Orzamentos Xerais do
Estado pero, en ningún caso, con cargo a novos incrementos de peaxes aos
usuarios.
Do mesmo xeito, o documento presentado
insta a adoptar as decisións necesarias para acordar a gratuidade da peaxe
entre Vigo e Redondela, comprometidas polo anterior Goberno e que o Executivo
de Sánchez cuestiona e a aprobar as medidas previstas para Chapela en compensación
polos prexuízos ocasionados polas obras de ampliación da AP-9.
Esixe ademais licitar as obras de
remodelación da ligazón de Pontevedra Norte (Nó de Bombeiros), emitir sen
dilación o informe favorable ao entroncamento da Vía Ártabra coa AP-9 e acordar
co Concello de Vigo unha proposta de integración urbana da autoestrada AP-9 na
cidade.
Do mesmo xeito pide a licitación das
obras da ampliación de Alfonso Molina, na cidade da Coruña, para o que debe
chegar a un acordo sobre os terreos co Concello e as da Ligazón Orbital de
Santiago de Compostela.
Por último, insta a convocar de
inmediato a comisión conxunta sobre a AP-9 que integran a Xunta e o Ministerio
de Fomento para abordar as cuestións anteriores e outras que poidan ser de
interese.”
Ferrocarriles cuando la línea se inauguró.
Recibirá resposta
Ferrocarriles cuando la línea se inauguró.
Recibirá resposta