martes, 4 de septiembre de 2018

En agosto sube o paro rexistrado en España en Galicia e en Ourense


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2018.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 132 persoas, un 0,70 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 1.669 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,26 %. 

O número de parados queda en 18.872, deles 7.796 son homes e 11.076 mulleres, 17.885 son maiores de 25 anos e 987 menores.

Por sectores, 829 son da agricultura, 2.278 da industria, 1.585 da construción, 12.203 nos servizos e 1.977 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia creceu en agosto en 1.012 persoas con respecto a xullo (un 0,62 %). Esta suba é menor que na media de España onde se rexistra un incremento do 1,50% e sitúa a Galicia como a cuarta rexión na que menos sobe. Aínda así, é a menor cifra de desempregados nun mes de agosto desde hai dez anos.

O número de parados queda en 164.424, deles 68.245 son homes e 96.179 mulleres, 156.968 son maiores de 25 anos e 7.456 menores. 

Por sectores, 5.531 son da agricultura, 18.753 da industria, 14.221 da construción, 111.096 nos servizos e 14.823 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 16.701 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,22 %. Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano. O ritmo de descenso supera en máis de tres puntos ao do conxunto do Estado, onde baixou nun 5,92%. 

O paro baixou tamén nas principais variables: nas catro provincias e sete grandes cidades; en todos os sectores de actividade; nos menores de 30 anos (-10,46%); nas mulleres (-7,16%); e nos parados de longa duración (-9,02%).  Con respecto ás provincias, lidera a caída a de Lugo (-11,56%); seguida de Pontevedra (-9,63%); A Coruña (-8,50%); e Ourense (-8,26%). Por sectores de actividade, o maior descenso ten lugar na construción (-20,62%); seguido da industria (-10,42%); e da agricultura e pesca (-9,04%).

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego subiu en agosto en 47.047 persoas en relación co mes anterior. 

En termos  desestacionalizados, o paro descendeu en 2.819 persoas. Respecto de agosto de 2017 o paro reduciuse en 200.256 persoas, o que sitúa o seu nivel de baixada interanual no -5,92%.

Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.182.068. 

O desemprego masculino sitúase en 1.306.994 persoas, ao subir en 27.415 (2,14%) e o feminino en 1.875.074 ao incrementarse en 19.632 (1,06%) en relación ao mes de xullo. Se o comparamos con agosto de 2017, o desemprego masculino baixa en 124.441 (-8,69%) persoas, e o feminino descende en 75.815 (-3,89%). Increméntase o desemprego dos mozos menores de 25 anos en 3.189 (1,34%) persoas en relación co mes anterior. Así mesmo sobe en 43.858 (1,51%) entre os que teñen 25 e máis anos.

En canto aos Contratos de Formación e Aprendizaxe, comunicáronse aos Servizos Públicos de Emprego un total de 1.994 no último mes de agosto. Esta cifra veu descendendo de forma progresiva nos meses de agosto do últimos tres anos. 

O paro rexistrado medrou nas 17 comunidades autónomas e faio encabezadas por Cataluña (11.594) e Andalucía (8.284).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Agricultura en 4.562 (-2,98%) en Industria sobe en 8.110 (2,97%), en Construción increméntase en 9.246 (3,43%) e en Servizos aumenta en 39.758 (1,85%). Por último, o colectivo Sen emprego anterior redúcese en 5.505 persoas (-1,94%). 

O número total de contratos rexistrados durante o mes de agosto foi de 1.602.495, o que representa un incremento de 66.095 (4,30%) sobre o mesmo mes do ano 2017. 

Pola súa banda, a contratación acumulada nos oito primeiros meses de 2018 ascendeu a 14.519.028, o que supón 513.531 contratos máis, un 3,67% que en igual período do ano anterior.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.