A afiliación media á Seguridade
Social alcanza 18.862.713 ocupados en setembro, 22.899 persoas máis que en
agosto (0,12%). Trátase do terceiro mellor rexistro intermensual desde o ano 2.000, nun mes no
que tradicionalmente predominaron os descensos na afiliación.
O dato dos últimos 12 meses mostra
un incremento de 526.551 persoas (2,87%).
O bo comportamento da evolución de
afiliados débese principalmente ao Réxime Xeral, o correspondente aos
traballadores asalariados, que en setembro aumentou en 20.135 ocupados; 489.743
máis, nos últimos doce meses.
Tamén o Réxime de Autónomos
contribuíu ao bo resultado da ocupación en setembro con 4.395 afiliados máis
neste mes, cifra que supón o maior aumento de traballadores por conta propia
nun mes de setembro desde 2007. Ademais, con respecto ao mesmo mes de 2017,
este Réxime suma 37.398 traballadores máis, o maior incremento do últimos tres
anos.
Hai que sinalar que este mes
rexistra un récord no emprego feminino, 8.698.329 mulleres traballando, trátase
da maior cifra da serie histórica dos meses de setembro.
O dato desestacionalizado, que serve para facer un
seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución do número de
afiliados, sen o compoñente estacional, crece no mes en 50.811 ocupados.
RESPECTO DE AGOSTO
O Réxime Xeral rexistrou un ascenso
de 20.135 (0,13%), ata alcanzar 15.539.604 ocupados. En setembro, a afiliación
creceu en termos absolutos principalmente en Educación (53.308), Actividades
Administrativas e Servizos Auxiliares (20.689), Industria Manufactureira
(13.840), e en menor medida en Construción (7.732) e Actividades Profesionais
Científicas e Técnicas (7.313). Diminuíu especialmente en Hostalería (-39.227),
Comercio (-31.963) e Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (-14.038).
En canto ao Sistema Especial
Agrario, incorporou 19.281 afiliados
medios máis (2,70%), ata situarse agora en 734.206 persoas. Pola súa banda, o
Sistema Especial do Empregados do Fogar
descendeu en 2.349 (-0,57%) e agora alcanza os 409.861 ocupados.
O Réxime de Autónomos alcanza
3.253.670 persoas, tras sumar 4.395
(0,14%) no último mes. Un dato
que como xa se sinalou é o mellor nos meses de setembro dos últimos 11 anos.
Respecto ao Réxime Especial do Mar,
descende en 1.613 ocupados (-2,34%) ata situarse en 67.271
ocupados. Finalmente, o Carbón está constituído por 2.168 afiliados medios, 18
ocupados menos que o mes anterior.
Por CCAA, o número de afiliados avanzou en setembro en
Madrid, con 43.394 ocupados (1,41%); Canarias, 10.192 (1,29%); Cataluña, 9.763
afiliados máis (0,29%); Castela-A Mancha, con 7.360 (1,06%); País Vasco (3.712), A Rioxa (1.371), Navarra
(925) e Comunidade Valenciana (175) Tamén aumentou nas cidades autónomas de
Ceuta (217) e Melilla (138).
Os maiores descensos, pola contra,
foron en Illas Baleares (15.190), Galicia (6.500), Andalucía, (6.645), Asturias
(5.422), Región de Murcia (5.081), Aragón (4.411), Castela e León (4.000) e
Estremadura (2.584).
RESPECTO DE 2017
En relación ao ano pasado, o Sistema
gañou 526.551 ocupados, o 2,87%, un dos maiores incrementos dos últimos anos.
En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 489.743
traballadores (3,25%). O crecemento alcanza o 3,72% se falamos do Réxime Xeral
propiamente devandito (sen Agrario nin Fogar).
No Réxime Especial de Traballadores
Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,16%, o que se traduce nun
crecemento de 37.398 persoas, o mellor dato do últimos tres anos. O Réxime do
Mar descendeu en 233 persoas (-0,34%) e o Carbón en 358 (-14,16%).
En termos anuais, a afiliación creceu en
todas as Comunidades e Cidades Autónomas, destacando en cifras absolutas os
incrementos da Comunidad de Madrid (122.625), Andalucía (96.572), Cataluña
(82.792) e Comunidade Valenciana (61.002).
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado
setembro en 1.013.888 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 6.500 persoas
afiliadas menos respecto ao mes anterior (-0,64 %).
Galicia supera o millón de afiliados á Seguridade Social por cuarto mes consecutivo.
Galicia supera o millón de afiliados á Seguridade Social por cuarto mes consecutivo.
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema
rexistrou un incremento de 21.628 ocupados, (2,18 %), a maior subida desde 2007
A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 779.958
afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 212.271 afiliados medios, e o Réxime
do Mar finalizou con 21.659 afiliados medios.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado
setembro en 103.697
ocupados, cifra que supuxo un descenso de 444 persoas afiliadas respecto
ao mes anterior (-0,43%).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou
nesta provincia un incremento de 1.068 ocupados, (1,04 %).
Recibirá resposta