Aproveito esta entrada para dar os meus parabéns ao novo Conselleiro
do Medio Rural, José González que sustitúe nesa responsabilidade a Ángeles
Vázquez.
Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola
Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de
inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e
tributaria e aduanas e impostos especiais. Así mesmo, foi vocal nato do comité
e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 2009 a 2014; e
representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código
aduaneiro comunitario en 2009.
Ademais
de membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a
coordinación dos controis do comercio exterior; profesor asociado do
departamento de Dereito Financeiro, na Universidade de Vigo, desde 2002 a 2006;
e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio
exterior e en contabilización de impostos.
Desde
2016, José González Vázquez é deputado no Parlamento de Galicia, onde
desempeñou funcións como: voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª,
Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía,
Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa
para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo
e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de
incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.
Estóu convencido de que o fará moi ben.
Estóu convencido de que o fará moi ben.
Recibirá resposta