viernes, 19 de octubre de 2018

No Salón do Vehículo Novo de Ourense

Asisto hoxe en Expourense ao acto inaugural do 10º Salón do Vehículo Novo coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas; e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, que estiveron acompañados por distintas autoridades e numerosos empresarios de Ourense, unha provincia na que o sector do motor é un dos principais pulos económicos. 

Un dos obxectivos desta edición será, en palabras do presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, “rexuvenecer o parque automovilístico da provincia facéndoo a un tempo maís seguro e menos contaminante e que se poida achegar aos 10 anos de antigüidade media que teñen os vehículos en España” (en Ourense ronda os 12 anos)

Neste Salón será presentado unha ampla oferta composta por 300 vehículos de 22 marcas de todas as gamas, modelos e prezos que suponen o 95% das marcas que operan no mercado español. As 16 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións elección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen importantes descontos especiais de feira que rondan de media entre un 20 e un 30%.

Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O.

 Dende hoxe e ata o domingo celébrase o Salón do Vehículo Novo, e dende o 26 ó 28 de outubro celebrarase o de Ocasión.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta