Asisto
hoxe no Parlamento de Galicia ao discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo no Debate do Estado dá Autonomía.
Un discurso de gran calidade do que destaco estas mensaxes:
CUN CRECEMENTO ORDENADO E IGUALITARIO E MENOS
IMPOSTOS
Anuncia que o Consello de mañá aprobará o teito de gasto para o vindeiro ano e pide a colaboración da Cámara para que a próxima semana, dentro do prazo legal, se poidan levar ao Parlamento os orzamentos de Galicia para 2019.
“O ano que vén Galicia será unha das comunidades con menos impostos para mercar vivenda habitual usada, e a máis barata no caso dos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade”, afirma.
Precisa que no debate de orzamentos concretarase o alcance da política fiscal para este exercicio, garantindo o mantemento dos beneficios fiscais que están en vigor e co deseño de novas baixadas nos impostos cedidos.
Recorda que os beneficios fiscais de carácter social implantados ou mantidos pola Xunta desde 2009 deixaron máis de 1100 millóns no peto dos galegos.
UNHA GALICIA CON MÁIS BENESTAR
Avanza un Plan de atención ás persoas sen fogar coas entidades que traballan con elas e a aprobación dun decreto para: cobrar máis dunha Risga por domicilio en determinados casos e compatibilizar o cobro dunha parte da renda social cun salario.
Asegura que Galicia é a comunidade co sistema educativo máis inclusivo de España; con máis prazas públicas de atención á discapacidade e cunha convocatoria de oposicións pioneira para este colectivo.
Confirma que se adianta a este ano o obxectivo marcado para toda a lexislatura de 60.000 dependentes atendidos e pide ao Goberno central que financie a súa parte, xa que a Xunta inviste tres veces máis que este en dependencia.
Subliña que a Xunta incrementará a partir de 2019 as axudas para coidador ou asistente persoal entre un 10 e un 15%, co fin de que os maiores poidan envellecer na súa contorna.
Garante o compromiso de construír nesta lexislatura sete residencias en cada unha das grandes cidades e ampliar o Bono Autonomía en Residencia para que chegue ao 100% dos solicitantes e cun incremento de entre o 20% e o 75%.
Debido á incidencia do envellecemento na Sanidade Pública, anuncia unha Estratexia Galega de Cronicidade, un Plan de hospitalización a domicilio e unha Lei de ordenación farmacéutica que adaptará o mapa de farmacias ás condicións actuais.
Constata que o impulso á renovación das infraestruturas sanitarias non se limita aos hospitais públicos, senón que se estende a atención primaria.
Reitera que o modelo de financiamento autonómico co que se costean os servizos públicos debe ser xusto e insiste en que a reforma é un asunto prioritario que cómpre abordar sen dilacións.
Neste 2019 Galicia será a primeira comunidade de Europa en contar cunha Lei de impulso demográfico e ampliarase o Bono Coidado para pagar os servizos nunha ludoteca.
Resalta que máis de 11.000 empregados públicos se benefician da flexibilidade horaria e máis de 200 acolléronse ao teletraballo e salienta que o Plan de conciliación e corresponsabilidade levarase ao ámbito municipal en 2019.
Avanza unha campaña de concienciación ás empresas para que adopten uns horarios máis racionais e flexibles, que permitan que as familias galegas teñan máis tempo para pasar xuntas.
Lembra que 2018 é o terceiro ano consecutivo no que crecen os soldos dos empregados públicos e garante que volverán percibir o 100% das súas retribucións cando se atopen en situación de incapacidade temporal.
“Ampliaremos aos 16.500 empregados da Administración xeral un sistema de carreira profesional semellante ao da Sanidade, que valore a experiencia, os coñecementos e o compromiso cun sistema de ascensos e graos retribuídos”, di.
Confirma que se seguirá traballando por uns edificios xudiciais propios do século XXI, completando o Plan de Infraestruturas coas novas cidades de Xustiza en Vigo e Pontevedra e cos novos xulgados en Tui-
UNHA GALICIA AMBICIOSA, QUE NON SE POÑA TEITO
Manteranse as axudas para libros de texto e material, os prezos reducidos para comedores e a maior rede de transporte escolar de toda España, ademais de avanzar no ensino dixital e plurilingüe e na formación STEM.
Enxalza a aposta por converter a FP en sinónimo de ensino práctico, diversificado, de alta calidade e con moitas saídas profesionais.
Para que a Universidade sexa o corazón do sistema galego de innovación, avanza un novo complemento retributivo para os docentes que transfiran coñecemento á sociedade galega.
Para impulsar a innovación destaca dúas medidas: o novo Programa de Talento 2021 e un impulso ao polo tecnolóxico e industrial do sector aeronáutico que se está a desenvolver en Rozas.
Co fin de seguir atraendo investimento a Galicia precisa que a Lei de acompañamento dos orzamentos que se proporá á Cámara regulará as Iniciativas Empresariais Prioritarias, que verán reducido á metade o seu tempo de tramitación.
O programa de Segunda oportunidade para a mocidade que non estuda nin traballa axudará aos mozos a obter as competencias básicas e a formación dixital necesarias para introducirse no mercado laboral de hoxe.
Expresa o desexo de contar coa colaboración dos sindicatos para iniciar unha nova etapa do diálogo social, centrada en seguir mellorando a cantidade de emprego e tamén a calidade.
Resalta a necesidade de afianzar a sustentabilidade e a competitividade do sector, traballando para que a normativa que se produce en Europa nos sexa acaída.
Aposta por seguir promovendo as empresas agroalimentarias e por reforzar a formación dos profesionais agrícolas e a investigación aplicada ao sector.
O 80% da poboación vive a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións, un compromiso no que se avanzará co remate da Autovía do Morrazo e da conexión do polígono de San Cibrao coa A-52, e co impulso doutras infraestruturas necesarias como a continuidade da Autovía da Costa da Morte ou a ponte de Viveiro.
Esta lexislatura será tamén a da gran transformación da mobilidade en Galicia, coa implantación da segunda fase do Plan de transporte público.
Se desde 2016 os máis novos xa se benefician da gratuidade nas liñas de transporte metropolitano, Feijóo anuncia o compromiso de estender a gratuidade do autobús a menores de 19 anos ao resto de Galicia e moi especialmente ao rural.
Insiste en que Galicia merece que se cumpra coa palabra que se lle deu e que as obras do AVE rematen no último trimestre de 2019: “Non hai tempo que perder, senón tramos que rematar”.
UNHA GALICIA QUE SE QUEIRA MÁIS A SI MESMA
Reitera o compromiso de ordenar a expansión urbanística e de priorizar sempre a rehabilitación fronte a novas construcións, estendendo a novas zonas o Plan Rexurbe.
Destaca o traballo realizado pola Xunta para lograr o completo saneamento das rías galegas nesta década.
Para incentivar a reciclaxe, proporase que o canon de Sogama se rebaixe nun 10 % para aqueles municipios que certifiquen maior compromiso coa redución e separación dos residuos e sempre que repercutan esa redución no recibo que pagan os veciños.
No relativo ao canon da auga que fixan os concellos, seguirase defendendo que as ordenanzas fiscais municipais premien aos cidadáns que fan un consumo máis racional.
A Xunta proporá ao Goberno central declarar o abastecemento de Vigo de interese xeral do Estado, para acometer as obras necesarias coa máxima axilidade e coa máxima colaboración.
Feijóo recorda o paquete de medidas elaborado para responder ante calquera situación excepcional en materia de auga e convida á Fegamp “a prepararnos xuntos”, ofrecéndolle un Pacto da Auga.
Transmite a posibilidade de replicar un modelo semellante ao que se ten con Sogama para os residuos que garanta un único sistema de subministro e de tarifas para toda Galicia.
Destaca o labor dos equipos de prevención e extinción e a importancia do Pacto Forestal, do que precisa que, antes de finalizar o ano, se cumpriran 28 das 30 medidas que contén.
Avoga por ser capaces de sacarlle rendemento ao monte de forma respectuosa e axeitada e aposta por impulsar ás sociedades de fomento forestal e axilizar os procesos de concentración parcelaria.
Sobre a Lei de fomento da mobilización da terra produtiva de Galicia, confirma que o Goberno galego xa está a traballar coa previsión de remitila á Cámara no próximo período de sesións.
XACOBEO 2021, UNHA CUESTIÓN DE PAÍS
Ve no Xacobeo 2021 unha oportunidade histórica para amosar a nosa forma de ser: “É o momento para universalizar a nosa mensaxe: Galicia é calidade”.
Feijóo concibe o ano santo como un proxecto aberto: a todos os partidos, para o que propón a creación dun grupo de traballo; ao Goberno central, mantendo os compromisos e implicándose na preparación; e a todos os galegos, co lanzamento do espazo O teu Xacobeo, onde facer achegas.
Anuncia que a Estratexia da Cultura Galega se presentará nas vindeiras semanas.
Defende a necesidade de protexer e difundir aos autores e artistas galegos, históricos e contemporáneos, a través da creación do Legado artístico de Galicia.
UNHA GALICIA DECIDIDA A LOGRAR MÁIS IGUALDADE
Insiste en que o pacto lanzado a nivel nacional contra a violencia de xénero “convócanos a todos” e sinala que o vicepresidente acudirá a próxima semana ao Senado en representación de todas as comunidades por este tema.
Destaca a posta en marcha de máis instrumentos para as vítimas, como as Oficinas de Atención e unha quenda de oficio de psicólogos; un programa de axudas aos menores de 25 anos que sufran esta lacra; máis programas de educación aos mozos e un Plan contra as agresións sexuais.
Defende a necesidade de seguir mellorando as competencias lingüísticas dos galegos, para tal fin, a Xunta está a facer unha importante aposta para que os certificados Celga —e a formación necesaria para obtelos— poidan obterse en liña.
Para seguir promovendo o uso do galego, especialmente entre a mocidade e no ámbito urbano, salienta a posta en marcha dunha innovadora campaña de promoción en festivais de verán.
Afirma que “máis Europa, máis España, máis Galicia”, son os tres vértices do modelo galego de autogoberno “que nos propoñemos afianzar”.
Ante unha posible reforma da Constitución, sostén que non é axeitado embarcar ao país nun proceso tan arduo sen coñecer a ruta, o destino e a tripulación.
O presidente comprométese a seguir defendendo Galicia, reivindicando a política que antepón os intereses xerais por riba dos partidistas ou das ambicións persoais, así como os espíritos das Transicións española e galega e a figura de Albor.

Recibirá resposta