O pasado domingo 24 de xuño publicaba neste blog unha entrada
dando conta da visita que fixera ao Concello de Laza coa finalidade de ver
as obras que neste termo municipal está a executar o Ministerio de Fomento, a
través de Adif Alta
Velocidade, relativas á construción da Liña de Alta Velocidade
Madrid-Galicia.
Un proxecto
que tal e como foi adxudicado contempla a construción dos túneles de
Cerdedelo (1.700 m) e do viaduto de Teixeiras (508 m) que salva o
arroio do mesmo nome, un afluente do río Támega.
Pois ben, hoxe, 104 días
despois volví nao mesmo lugar e observei un notable avance nas obras do subtramo Portocamba- Cerdedelo, de 2,3 km de
lonxitude (2.303 m na vía dereita e 2.300 m
na vía esquerda). Estas fotos o acreditan.
Sen dúbida a execución deste viaduto é o reto máis complexo das obras na montaña
ourensá.
Estes viadutos execútanse mediante semiarcos abatidos e dovela central de peche, logrando un van de
132 m de lonxitude que salva as
afeccións ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) do río Támega. Ambos dispoñen
de seis pilas e oito vans, sendo a lonxitude total entre eixos de estribos de 508 m.
Para ambas as vías, proxéctanse cimentacións directas na
ladeira este e cimentacións profundas mediante pilotes executados in situ con
camisa recuperable na ladeira oeste.
A sección transversal dos dous taboleiros está constituída
por un caixón de formigón postesado, cun
canto sobre pilas de 5,20 m.
As pilas do viaduto están formadas por un fuste de
formigón armado de sección rectangular oca cos vértices rematados por arcos. As
dimensións da sección transversal dos fustes aumentan linealmente coa altura da
pila cunha pendente de 1/50.
Recibirá resposta